ultimos-prazos-matricula

Di o dito aquilo de “os últimos serán os primeiros” e tamén que “nunca é tarde se a dita é boa”. Pois non perdas o tren que en Lugo seguimos agardando por ti!

Aínda tes dúas oportunidades e unha extra para matriculáreste no Campus Terra e formar parte do Lugo do futuro. Anótaas:

  • O sétimo prazo de matrícula comeza este martes, 11 de outubro e prolongarase durante os días 13 e 14
  • O oitavo prazo de matrícula comezará o vindeiro mércores 19 de outubro e prolongarase ata o día 21 do mesmo mes
  • Por último, aínda terás un derradeiro prazo fixado pola Universidade de Santiago de Compostela. Neste caso, redúcese á matricula en titulacións con prazas vacantes a alumnos aos que non lles foi concedida praza. Este prazo estenderase durante os días 24, 25 e 26 de outubro.

Lembra que en todos estes prazos poderás beneficiarte do desconto do 50% que che ofrece a Deputación de Lugo e o Campus Terra só por te matriculares nalgúns dos 11 graos incluídos na promoción, nomeadamente os seguintes:

Non deixes pasar a oportunidade. Estamos agardando por ti!

0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *