gradiant

Como ben sabedes, o Campus Terra é o proxecto para transformar o Campus de Lugo nun referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da TERRA, un obxectivo para o que vimos de dar un paso xunto ao Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).

O Campus Terra da USC e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) impulsan a creación dun polo de innovación dixitaL para o sector agroalimentario, unha iniciativa clave para favorecer a futura sustentabilidade do sector en Galicia.

O polo de innovación dixital para o sector agroalimentario permitirá a confluencia, pola banda da demanda, dun sector produtivo e transformador aberto á incorporación de tecnoloxías e servizos innovadores adaptados á súa realidade e, pola banda da oferta, a conxunción de provedores tecnolóxicos e de servizos, así como dos centros de coñecemento e innovación xeradores de solucións e melloras demandadas polo sector.

Os obxectivos desta iniciativa conxunta do Campus Terra da USC e Gradiant pasan por establecer unha dinámica proveitosa de colaboración aberta e áxil en aras a acadar unha maior competitividade para o sector agroalimentario, ampliar as oportunidades de negocio e o potencial exportador para os provedores tecnolóxicos, ademais de xerar novas posibilidades de capitalización do coñecemento existente nos centros de investigación e innovación galegos.

A posta en marcha dun polo de innovación dixital para o sector agroalimentario recoñece o importante peso que teñen os sectores da produción agraria, gandeira e de transformación de alimentos no conxunto da economía, do territorio e da sociedade galega. Asemade, esta iniciativa, a través da que Campus Terra da USC e Gradiant pretenden aliñar esforzos e optimizar as ferramentas dispoñibles, tamén contempla dúas das prioridades xa recollidas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, tal e como o son a modernización dos sectores primarios e o impulso das TIC como sector tractor da economía e do coñecemento.

A presentación deste polo de innovación dixital para o sector agroalimentario desenvolverase o xoves 6 de outubro no marco dunha xornada que se celebrará na Casa do Saber do Campus Terra da USC.

0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *