Polas competencias e coñecementos que adquires

O traballo humano ocupa a centralidade na sociedade actual, mais constitúe unha realidade complexa onde conflúen diferentes aspectos, desde o histórico ao económico, pasando polo sociolóxico ou o xurídico.

Deste xeito, o emprego e os recursos humanos só poden ser comprendidos a través dun enfoque multidisciplinar con coñecementos de dereito, economía, historia, socioloxía, psicoloxía, dirección de emperesas…

Todo este conxunto de saberes darache a posibilidade de ampliares os teus estudos ao rematares o grao nunha destas áreas, xa que terás unha base perfecta de partida.

Polas súas variadas saídas laborais

Un graduado en relacións laborais pode optar ao saír da titulación por múltiplas alternativas de inserción laboral para alén de continuar a súa formación no Campus Terra. No eido privado, o graduado en relacións laborais dá o perfil para moitos postos en consultorías, asesorías e xestorías laborais, así como no departamento de recursos humanos de medianas e grandes empresas. Tamén podes atopar traballo en despachos de avogados, sindicatos ou mutuas.

No ámbito público tamén poderás inserirte en diferentes perfís, xa que a administración ofrece postos para graduados nesta área. Con todo, tamén poderás competir noutros postos con licenciados doutras especialidades en áreas como economía, facenda, industría… así como dedicarte á docencia e investigación.

Porque o autoemprego sempre é unha grande opción

O abano de estudos que recolle o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos adoita ser tan amplo que son moitos e moitas os graduados que deciden botar a andar o seu soño e seren os seus propios xefes.

As consultorías a pequenas, medianas e grandes empresas a nivel local adoitan ser unha grande opción de futuro, mais non só a única: xestorías laborais ou de seguros…

Pola taxa de empregabiliade

De acordo coas cifras de afiliados á Seguridade Social dos licenciados no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos producidas polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte, a media de empregabilidade no país é de máis do 60%.

Porque en Lugo temos o que precisas… e un 50% de desconto!

A ben seguro que a estas alturas ben sabes que o Campus Terra está agardando por ti, e por iso ofrecémosche un desconto do 50% por matriculáreste por vez primeira no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Dirección e Administración de Empresas
3 motivos para estudar o Grao en Dirección e Administración de Empresas
estudante
O seu futuro merece o mellor: por que o Campus Terra da USC é unha grande opción para a educación dos teus fillos
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *