Ben é certo que o Terra é un Campus familiar, elixido polos lucenses e polos galegos por proximidade ás súas residencias. Pero é moito máis. Así opinan Antía e Celia. Para elas, o Campus Terra ten personalidade propia que os diferenza dos demais pero cunha oferta académica atractiva con 15 títulos de grao que se agrupan en oito centros asentados na cidade. As posibilidades formativas deste campus abranguen igualmente as distintas posibilidades de formación especializada que se concretan en posgraos e másteres a través dos que poderás definir, aínda máis, as expectativas profesionais cara á inserción no mercado laboral. Así fixo Celia Alonso, quen está a estudar o Máster en Enxeñaría de Montes logo de cursar o grao, ambos no propio Campus. Para Antía Díaz Somoza, ademais, cómpre engadir as instalacións e servizos específicos no ámbito deportivo ou cultural, así como con iniciativas propias que ofrezan un abano de posibilidades coas que os membros da comunidade universitaria complementan a formación regrada recibida nos graos. Todo iso fan do Campus Terra un lugar moi atractivo ao que se lle sumas a familiaridade e trato próximo, mellor que mellor, non?
0

Tamén che pode interesar...

Proximidade e familiaridade: dous trazos que definen o Campus Terra para os nosos alumnos
Proximidade e familiaridade: dous trazos que definen o Campus Terra para os nosos alumnos
Buscas razóns para estudares un grao semipresencial? Rodrigo Santiso dáchas
Buscas razóns para estudares un grao semipresencial? Rodrigo Santiso dáchas
Alicia Cañizares, unha graduada no Campus Terra de premio
Alicia Cañizares, unha graduada no Campus Terra de premio

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *