drones

Que os drones chegaron para quedarse certifícano o cada vez maior interese que están espertando nas empresas grazas á súas multiplas aplicacións. En pouco marxe de tempo, o negocio dos drones medrou de forma exponencial e converteuse nun dos sectores con máis proxección. Segundo datos da Comisión Europea, estímase xerar máis de 100.000 postos de traballo nos vindeiros anos. De feito, calcúlase que hoxe hai máis de 1.400 operadores autorizados pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea, mentres que en decembro de 2014 este número era de 50.

Galicia non queda atrás: dos 14 operadores de drones homologados en xuño de 2015, pasamos aos 80 e subindo: máis de 5 veces.

No futuro dos drones, o Campus Terra e os graduados en Topografía e Xeomática van ter moito que dicir: os 10 mellores estudantes de 4º curso do Grao en Xeomática e Topografía da Escola Politécnica Superior do Campus Terra poderán ampliar a súa formación de xeito gratuíto a través dun curso avanzado de piloto de RPAS (remotely piloted aircraft systems), con certificado de coñecementos acreditado pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea, prácticas cun modelo xenérico, simulacións e voos reais.

Trátase dun convenio de colaboración asinado pola Escola Politécnica Superior e o Real Aero Club de Lugo. Ademais, a EPS está a traballar xunto co aeródromo de Rozas na elaboración dun programa de formación que lle permita ao alumnado do grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía desenvolver actividades profesionais como operadores de vehículos aéreos non tripulados. Estas aeronaves, coñecidas como RPA ou drones, teñen espertado nos últimos anos un grande interese económico e social, abrindo un novo sector con moitas posibilidades.

O pulo experimentado na actualidade o sector das aeronaves non tripuladas tamén está a ser potenciado desde a Administración, que aposta por converter Galicia nun referente na fabricación de drones e no desenvolvemento das súas aplicacións en múltiples campos, entre eles os destinados á obtención de datos do territorio, un ámbito no que os enxeñeiros/as en Xeomática e Topografía son especialistas. Cómpre lembrar que estes profesionais traballan desde hai anos, na captura e explotación de datos procedentes de sensores a bordo de plataformas aéreas e espaciais e, recentemente tamén, desde RPAS, co obxecto de xerar información xeorreferenciada do territorio (ortofotografías, modelos dixitais do terreo, modelos de superficie ou mapas topográficos e temáticos).

Con esta medida o que pretendemos desde o Campus Terra é ampliar as saídas laborais dos graduados en Xeomática e Topografía: ao rematar a formación na EPS poidan obter un certificado acreditado por AESA que os capacite para realizar operacións con drones baixo o marco regulamentario vixente, a fin de poder acceder así á demanda dun mercado laboral en expansión e con moitas posibilidades de futuro.

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *