No Campus Terra gústanos dicir que somos como unha gran familia. Lugo e o noso Campus farán que te sintas como en casa, onde as persoas que te cruces serán algo máis que iso: coñecidos, parte do teu contorno.

A tranquilidade, a non masificación e a educación personalizada son tres dos sinais de identidade do Campus Terra, e tres das razóns que levaron a Sandra Castro González a sumarse ao Campus Terra para estudar o grao de Administración e Dirección de Empresas. A iso temos que engadir o grao de satisfacción de Sandra coas aulas, pois para ela “a docencia que se oferta neste Campus é de moi boa calidade”.

De xeito semellante pensa Jesús Conde Bande, graduado na Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais. Para el, ademais da proximidade, un must do Campus Terra é o trato “familiar e próximo”, onde desenvolver os estudos nun ambiente tranquilo e, sobre todo, beneficiarte dun trato cercano co profesorado.
0

Tamén che pode interesar...

O Campus Terra: moito máis que proximidade
O Campus Terra: moito máis que proximidade
Buscas razóns para estudares un grao semipresencial? Rodrigo Santiso dáchas
Buscas razóns para estudares un grao semipresencial? Rodrigo Santiso dáchas
Alicia Cañizares, unha graduada no Campus Terra de premio
Alicia Cañizares, unha graduada no Campus Terra de premio

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *