Talvez non o saibas, pero o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais é unha das carreiras máis desafiantes e gratificantes que podes estudar. Moitos dos avances dos últimos tempos en moitos dos planos da vida diaria non serían posibles sen alguén coma ti detrás deles.

Non o cres? Pois isto é ao que te enfrontarás se aceptas o reto da enxeñaría dos procesos químicos industriais.

Forma parte dun mundo mellor

Detrás de case todo o que atopamos e empregamos no noso día a día está o traballo dun engresado en Enxeñaría en Procesos Químicos Industriais, mais tamén che dá a posibilidade de creares un mundo mellor, máis sustentable.

Os problemas aos que nos enfrontamos como humanidade precisan tamén de ti: desde a procura de novos métodos para potabilizar a auga e previr enfermidades, a novos fertilizantes que melloren as colleitas, pasando pola creación de novas tecnoloxías que reduzan as emisións que combatan o efecto invernadoiro.

A humanidade está hoxe chea de múltiplos desafíos e ti podes ter un papel importante na súa solución.

Os graduados en enxeñaría de procesos químicos industriais teñen unha ampla demanda no mercado laboral

Desde a farmacéutica á alimentación, desde as petroleiras ás empresas do terceiro sector, desde grandes multinacionais a pequenas e medianas empresas… As posibilidades de inserción dun graduado en enxeñaría química de procesos industriais non son infinitas pero case.

Aquí tes algúns dos sectores produtivos que demandan un especialista:

  • Industria Química de Base
  • Química Fina
  • Refinado do Petróleo e Petroquímica
  • Industria Papeleira
  • Fabricación e transformación de polímeros (plásticos, resinas sintéticas e composites), caucho e derivados
  • Industria Farmacéutica
  • Fabricación de fibras artificiais e sintéticas
  • Fabricación de pesticidas e produtos agroquímicos
  • Fabricación de deterxentes e cosmética
  • Fabricación de pinturas, vernices e revestimientos
  • Alimentación e Bebidas
  • Produción de enerxía
  • Biotecnoloxía
  • Medio Ambiente
  • Deseño e construción
  • Novos materiais
  • Seguridade e saúde laboral
  • Consultorías, auditorías e finanzas
  • Educación
  • Administración

Múltiplas habilidades e competencias

Como viches nos parágrafos anteriores, a túa formación vai ser ampla e sobre todo flexible. Estará baseada na química, mais tamén na física, na matemática ou na enxeñaría para alén de aprenderes nocións de economía, xestión, medio…

Por tanto, se despois de rematares os teus estudos e non che atraen os sectores de inserción, poderás ampliares os teus coñecementos noutras ramas relacionadas e mesmo ser un profesional de ámbitos como a consultoría en enxeñaría, xornalismo científico, investigación…

E un 50% de desconto na túa matrícula

Vamos, que tes un mundo de posibilidades por agardarte. E moito mellor se o camiño o comezas co bo pe: sabías que se te matriculas no Grao de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela tes un desconto automático do 50%?

0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *