Hai algo mellor que dedicarte profesionalmente a facerlle a vida máis doada aos demais ao tempo que viaxas e coñeces moitos lugares? Pois iso é o que pretende a enxeñaría civil e iso é o que farás se decides aproveitar o desconto do 50% na matrícula que che ofrece a Deputación de Lugo por estudares no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.

Aquí tes cinco motivos polos que o Grao de Enxeñaría Civil é perfecto para unha persoa coma ti.

Porque quen estuda enxeñaría faralle a vida mellor aos demais…

As redes de sumidoiros ou as que fan que poidamos abrir a billa e encher o vaso de auga; os portos que se enchen coas mercadorías esenciais para a vida ou con persoas que nos visitan; os desenvolvementos urbanos, as estradas que conectan as nosas cidades ou as pontes que cruzan os ríos… Sen iso, a nosa vida sería imposible e todo iso é grazas ao traballo dos enxeñeiros civís.

A túa será unha profesión indispensable para facer a vida mellor aos demais. A enxeñaría civil é unha das chaves que unha sociedade precisa para avanzar. Cada un dos proxectos en que intervirás afectará dun grao ou noutro na calidade de vida das persoas.

Na actualidade, os grandes retos aos que nos enfrontamos como sociedade é avanzarmos mantendo o noso nivel de vida e ser ante todo sustentables. As competencias que adquiras ao longo dos anos de estudo faranche comprender multitude de factores económicos, técnicos e sociais en que vivimos para poder crear un mundo máis igualitario, máis xusto e sostible. E as infraestruturas teñen moito que ver con todo iso.

Porque na variedade está o gusto

A especialización tamén é unha das máximas que rexe o percorrido dun graduado en Enxeñaría Civil. Podes optar pola enxeñaría estrutural, a xeotécnica, a de transporte e viaria ou por unha das máis antigas, a hidráulica.

Neles poderás especializarte e ademais gozar dos 371 convenios con empresas e institucións que a Escola Politécnica Superior de Lugo conta na actualidade con empresas e institucións para a realización de prácticas externas.

A mobilidade é unha das dinámica do enxeñeiro civil

O plan de estudos dunha Enxeñaría Civil é moi homologable en moitas universidades, polo que poderás proxectarte internacionalmente como enxeñeiro en empresas de todo o mundo. De feito, o Grao de Enxeñaría Civil do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela recoñécese nos 47 países que participan no Proceso de Boloña, polo que nun mundo cada vez máis globalizado en con zonas en franca expansión, a túa fronteira será a que ti decidas poñerte.

Polas súas saídas laborais

Esta titulación faculta para exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, ao cumprirse o estipulado na Orde CIN/307/2009, do 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas.

Os titulados en Enxeñaría Civil estanse incorporando con fluidez ao exercicio profesional sen que exista un índice de paro significativo neste campo. Destacan os sectores de consultoría e de empresas construtoras que absorben máis das tres cuartas partes da actividade laboral-

Porque no Campus Terra terás un desconto do 50%

Como ben saberás, se te matriculas por vez primeira no Campus Terra da USC terás automaticamente un desconto do 50%. Mellor que mellor, non?

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *