formacion-semipresencial-campus-terra
Desde o Campus Terra en concreto e a Universidade de Santiago de Compostela estamos decididos a ofrecermos unha educación adaptada ás novas necesidades, á realidade actual. Nas enquisas de satisfacción anuais así como no contacto directo co alumnado detectamos un crecente interese por unha docencia que permita cursar a un ritmo adaptado a cada necesidade títulos oficiais de grao e de mestrado. Por iso xorde a formación semipresencial. Se tes interese, para ti está feito este post e aquí terás a resposta ás preguntas máis comúns sobre ela.

Que é a formación semipresencial?

A formación semipresencial é unha alternativa á modalidade presencial que se adapta á perfección a aquelas persoas que traballades, tedes algunha outra responsabilidade ou vivides a certa distancia do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela e non vos podedes desprazar con frecuencia ao noso Campus.

Con que recursos conta a formación semipresencial?

Coa formación semipresencial tentamos trasladar o Campus Terra da USC á túa casa ou alá onde estiveres. Para iso poñemos á túa disposición unha plataforma online baixo o afamado xestor Moodle, onde disporás de todos os recursos didácticos precisos para a túa formación en diferentes formatos, como texto ou multimedia, videoconferencias para seguires as aulas en tempo real ou vídeos para as ver cando tiveres tempo, recursos para contactar co profesorado…

Estou obrigado a asistir a algunha aula?

Nalgunhas das titulacións dispoñibles no Campus Terra da USC en modo semipresencial, ti decides as aulas a que asistir e mesmo, se quixeres, podes cursar a titulación completo de xeito online. Como dixemos anteriormente, terás as ferramentas necesarias para completares a formación desde a túa casa co valor engadido de que tamén poderás asistir ás aulas de forma presencial sempre que así o desexes.

Con todo, lembra que as clases che ofrecen un contacto persoal co profesor ou profesora da materia, cos teus compañeiros cos que poderás intercambiar impresións sobre aqueles aspectos que máis che interesen das aulas. Para unha información máis detallada podes contactar co coordinador ou coordinadora do teu máster ou grao e informarte sobre se existen condicións de asistencia obrigatoria no título que che interesa.

Entón cal é a diferenza entre a formación online e a formación semipresencial?

A formación online é exclusivamente iso: non existen as aulas presenciais. Pola contra, na formación semipresencial sempre terás a posibilidade de asistires ás aulas para ter contacto directo cos docentes e compañeiros.

Por último, que titulacións semipresenciais podo completar no Campus Terra da USC

Neste momento, no Campus Terra da USC ofrecémosche 1 titulación de grao e 3 mestrados con formación semipresencial:

Lembra, por último, que ao matriculáreste no Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural por vez primeira, sexa de forma presencial ou semipresencial, terás o desconto automático.
0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *