A enxeñaría xeomática e topografía é unha disciplina que engloba as xeociencias, isto é, a posibilidade de recrear de forma detallada pero facéndoo comprensible, a imaxe do mundo físico e o lugar que ocupamos nel, combinadas coas tecnoloxías da información e da comunicación.

Talvez esta descrición de manual non che di moito (ou si), pero seguro que estes 5 motivos polos que estudar o Grao de Xeomática e Topografía no Campus Terra da USC te axudarán por decantarte para estudalo.

Polo seu grao de inserción laboral

O estudo “Inserción laboral de los estudiantes universitarios” elaborado polo Ministerio de Educación Cultura y Deporte, reflicte que actualmente, a enxeñaría xeomática presenta un índice de empregabilidade do 63,6%. O informe tamén salienta que os egresados teñen unha empregabilidade en postos relacionados directamente coa formación do 71,1%.

Polas súas múltiplas saídas profesionais

Talvez é algo que descoñezas pero o Grao de Enxeñaría Xeomática e Topografía ten máis saídas laborais que a cartografía. Xa que as novas tecnoloxías abriron un amplo abano de posibilidades, esta titulación é cada vez máis demanda en diferentes sectores profesionais e todo indica que isto seguirá así, como explicaremos máis adiante.

Aquí tes as máis relevantes:

  • Enxeñaría Civil
  • Topografía xeral e específica (industrial…)
  • Control de calidade
  • Cartografía territorial
  • Consultoría de urbanismo
  • Gabinete de proxectos
  • Os sistemas de posicionamento (GPS, SIG…)

O ámbito de traballo tamén é múltiplo: desde o empresarial relacionados coas construtoras, a consultoras enxeñeiras, a loxística, a minaría, a prospección, a telefonía e o fibra óptica etc; ao ámbito das administracións públicas en todos os niveis.

A quen non lle gusta viaxar?

Hai case 200 anos, unha persoa colleu os seus instrumentos e a lombos dun burro comezaría unha viaxe que o levou a coñecer practicamente todos os recunchos de Galicia. Falamos de Don Domingo Fontán e da súa Carta Geométrica de Galicia, un traballo que situou a Galicia no mapa, e non só metaforicamente: o resultado foi un documento precioso e prezado que tardaría décadas en ser superado pola súa precisión.

Moito cambiaron as cousas na topografía e xeomática nestes dos séculos e a ben seguro non precisarás un burro para te desprazar, pero topografía segue sendo unha rama do coñecemento onde o importante é estar a pé de rúa tomando medicións. Por tanto coñecer moitos lugares fantásticos, algúns moi preto ti e nos que non repararas, e outro máis afastados. E sempre desde unha óptica distinta á que ven o resto dos mortais: coñecendo todos os seus segredos xeomáticos e topógrafos.

Porque Xeomática e Topografía é unha carreira con moitos e novos horizontes

A Xeomática e Topografía ten todo un novo horizonte por descubrir. As novas tecnoloxías están a supoñer unha revolución desta vella e bela disciplina. Non o cres? Aí tes a realidade aumentada, servidores de mapas como Google Maps, os localizadores, os GPS, as aplicacións para móbiles para a localización, turísticas etc.

Hai uns anos, todo este tipo de cuestións nin as conseguiamos imaxinar e hoxe son unha realidade. O que teremos no futuro ninguén o sabe, pero ti podes ter un papel importante se estudas o Grao de Xeomática e Topografía no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.

Porque terás un desconto 50% en Lugo

O mellor está no final: ao teu matriculares por vez primeira no Grao de Xeomática e Topografía do Campus Terra da USC terás, automaticamente, un desconto do 50%. Pode pedirse máis?

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *