investigacion

Se hai uns días salientabamos que a Universidade de Santiago de Compostela é unha das cen universidades europeas máis innovadoras segundo unha listaxe elaborada por Reuters News, temos unha outra nova: repitimos presenza no ránking das mellores quiñentas universidades do mundo mais rexistramos a nosa mellor posición: situámonos entre o intervalo 301-400!

O Academic Ranking of World Universities (ARWU), coñecido como ránking de Shangai, é unha clasificación que dende 2003 realiza a Universidade Jiao Tong de Shanghai. Na edición deste ano figuran un total de doce universidades españolas e nel a USC compartimos nivel (301-400) coa Autónoma de Barcelona, Complutense, Pompeu Fabra e coas politécnicas de Cataluña e Valencia. Só por diante sitúanse a Universidade de Barcelona (151-200) e Autónoma de Madrid e Granada (201-300).

Para a selección de universidades, ARWU considera todas aquelas universidades que contan entre o seu persoal con galardoados polos premio Nobel, Medallas Fields, investigadores altamente citados ou artigos publicados en Nature ou Science. Tamén se inclúen aquelas universidades cun número destacado de artigos científicos indexados polo Science Citation Index-Expanded (SCIE) ou no Social Science Citation Index (SSCI). En total cualificáronse máis de 1.200 universidades.

Ademais dos resultados colectados no seu conxunto e segundo os datos da clasificación realizada en 2015, das 200 universidades máis destacadas na área de Ciencias Naturais e Matemáticas, a USC somos unha das catro españolas mellor posicionadas, a continuación da Autónoma de Madrid e Valencia e no mesmo rango que Barcelona. Para realizar esta clasificación, os indicadores cun maior peso na nota final (75% da cualificación) son os investigadores altamente citados nunha serie de ámbitos temáticos, os artigos indexados en Science Citation Index ou a porcentaxe dos artigos publicados nas revistas de maior impacto.

0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *