universidade-veran-2016

Hai xa un mes que botou a andar a Universidade de Verán da USC con máis de corenta cursos para se desenvolveren entre xuño e setembro e deles a provincia de Lugo acolle seis novos cursos que están a piques de comezar:

Con todo, estes non son os únicos cursos que poderás cursar na provincia durante o mes de xullo. De aquí a setembro, ademais, podes matricularte aínda nos seguintes:

Sobre a Universidade de Verán da USC

Nesta ligazón podes consultar o programa completo da Universidade de Verán da USC e nesta outra acceder á matrícula. Ademais, podes ampliar a información sobre os cursos aquí.

Sempre e cando se asista ao 80% das horas lectivas, as persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo da súa participación. A USC recoñece os cursos de verán 2016 a efectos de créditos para o estudantado: dous créditos para cada curso de 25 ou máis horas e un crédito polos de menos de 25 horas (en todo caso, ata un máximo de seis créditos en total). A taxa xeral de matrícula é de 120 euros para os cursos de máis carga lectiva e de 70 para os de menos de 25 horas. Ademais, existe unha taxa reducida (de 70 e 40 euros, respectivamente) aplicable a alumnado universitario, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas en situación de desemprego, socios/as da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e PDI e PAS da USC.

0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *