investigacion

Outro día no que estamos de parabéns! Segundo a listaxe elaborada por Reuters News, o Campus Terra e a Universidade de Santiago de Compostela é unha das cen universidades europeas máis innovadoras!

A clasificación realizouse logo da análise de 600 institucións que teñen publicado o maior número de artigos en publicacións científicas entre 2009 e 2014 e indexadas en Web of Science.

Nesta clasificación inclúense dez institucións universitarias españolas, coa USC no quinto posto das de España tras as universidades de Barcelona, a Politécnica de Cataluña, a Autónoma de Barcelona e Politécnica de Valencia. A clasificación das españolas complétana, por orde, Valencia, Sevilla, Politécnica de Madrid, Complutense de Madrid e Granada.

Do grupo inicial de institucións candidatas, os responsables do traballo de avaliación reduciron a listaxe tomando en consideración aquelas con 50 ou máis patentes, a maioría delas universidades. Para a ordenación final, aplicáronse diversos indicadores, incluíndo a frecuencia coa que se lle concede solicitudes de patente a unha universidade, o número de patentes rexistradas polos servizos mundiais e as autoridades locais e a frecuencia con que foron citadas estas patentes.

No caso das universidades avaliadas tomouse en consideración a frecuencia coa que os seus traballos foron citados polas patentes así como a porcentaxe de artigos que inclúen como co autores representantes da industria.

0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *