aberta-preinscricion

Comezar unha carreira é un traxecto longo pero que sempre, sempre, ten que ter un primeiro paso firme: decide ben aquilo ao que te queres dedicar, o que che apaixona, o que cres que podes achegar o teu coñecemento e co que te sentirás a gusto medrando.

Seguro que a estas alturas xa o tes ben claro, pero se andas a darlle voltas, no Campus de Terra da Universidade de Santiago de Compostela ofréceche 15 titulacións de grao de catro áreas do coñecemento que están agardando por ti.

Se estás a punto de lanzarte á carreira, resolvémosche algunhas dúbidas sobre o proceso de inscrición que comeza agora para que teñas xa algo de camiño andado.

Que é a preinscrición?

Xa decidiches o teu futuro? Pois xa tes o máis importante! Imos, daquela, co segundo paso: a preinscrición. A preinscrición é o proceso a través do que tes que solicitar a admisión no grao ou estudos que queres realizar. É un proceso esencial para, máis adiante, poder formalizar a matrícula xa que é nesta fase cando se comproban se tes os requisitos necesarios, a nota de corte etc.

Cando comeza a preinscrición?

O período para matricularte nun dos graos do Campus de Lugo da USC comeza neste primeiro chanzo indispensable en 2 modalidades: a anticipada e a ordinaria. Se vés de rematar a selectividade, tes que seguir o período ordinario que comeza hoxe mesmo, 20 de xuño.

… E cando remata?

O prazo estará aberto ata o 1 de xullo así que podes tomar o teu tempo mais non o deixes para última hora.

Teño que ir a Lugo a facer a preinscrición?

Non fai falta: a túa preinscrición tes que facela na seguinte páxina web, www.usc.es/matricula, onde te guiarán no proceso. Se tes algunha dúbida, nesta outra páxina podes atopar a axuda sobre a matrícula.

Cando sei se estou ou non admitido?

Todo o bo faise esperar: o 12 de xullo, ás 15:00 horas, publicaranse as listaxes de admitidos/as en cada un dos graos e de agarda se se cobren todas as prazas.

Cando formalizo a matrícula?

Unha vez que tes a confirmación de que estás admitido, só che queda un paso: a matrícula, isto é, o proceso polo que se formaliza a incorporación á Universidade. Xusto cando se publica a listaxe de admitidos comeza o período de matrícula, que será do o 13, o 14 e o 15 de xullo no primeiro prazo de matrícula.

E lembra que se matriculas en 10 dos títulos de grao do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, tes un desconto automático só por unirte a nós!

Cales son os seguintes prazos de matrícula

Existen diferentes prazos de matrícula, para alén do primeiro que se estende do 13 ao 15 de xullo. Aquí tes as datas:

  • 19 de xullo: Publicación das listaxes de admitidos e de espera do Segundo prazo de matrícula
  • 20-22 de xullo: 2º prazo de matrícula (ata as 14:00 horas do día 22)
  • 26 de xullo: Publicación das listaxes de admitidos e de espera do Terceiro prazo de matrícula
  • 27-29 de xullo: 3º prazo de matrícula ( ata as 14.00 h. do día 29)
  • 31 de agosto: Publicación das listaxes de admitidos e de espera do 4º Prazo de matrícula
  • 1-5 de setembro: 4º prazo de matrícula ( ata as 14.00 h. do día 5)
  • 8 de setembro: Publicación das listaxes de admitidos e de espera do Quinto prazo de matrícula
  • 9-13 de setembro: 5º prazo de matrícula ( ata as 14.00 h. do día 13)
  • 20 de setembro: Publicación das listaxes de admitidos e de espera do Sexto prazo de matrícula
  • 21-23 de setembro: 6º prazo de matrícula ( ata as 14.00 h. do día 23)
  • 10 de outubro: Publicación das listaxes de admitidos e de espera do Sétimo prazo de matrícula
  • 11-14 de outubro: Sétimo prazo de matrícula ( ata as 14.00 h. do día 14)
  • 18 de outubro: publicación do derradeiro prazo de matrícula
  • 19-21 de outubro: derradeiro prazo de matrícula ( ata as 14.00 h. do día 21)

Algunha outra cuestión? Non dubides en consultar o noso calendario coas datas ou contactares connosco!

0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *