para-estudar-lugo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é a universidade española con mellor percepción entre os empregadores no ámbito das Humanidades e outras Ciencias Sociais. Non o dicimos nós: así o conclúe o ránking Universidade-Empresa a partir dos datos de 2.155 enquisas a responsables de contratación doutras tantas empresas de toda España.

O informe da Fundación Everis sobre empregabilidade de recén titulados sinala tamén que a USC é a mellor valorada en canto a honestidade e compromiso ético, habilidades interpersoais e a comunicación, capacidade de análise e resolución de problemas, a orientación a resultados así como os coñecementos técnicos que achega aos seus titulados/as para o exercicio da profesión.

No apartado de Humanidades e outras Ciencias Sociais atópanse agrupadas os graos en Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Educación Primaria, Educación Social, Pedagoxía, Mestre en Educación Infantil, Filosofía, Historia, Historia da Arte, Humanidades, Hispánica, Inglés, Literatura, Xeografía ou Ciencias Políticas, entre outras.

Ademais, os titulados da USC no ámbito da Saúde e Benestar posiciónanos no quinto posto de entre as universidades españolas, por detrás de Alacante, Barcelona, Navarra e Murcia. A este ámbito pertencen Enfermaría, Farmacia, Medicina, Nutrición Humana e Dietética, Odontoloxía, Óptica e Optometría, Veterinaria, Psicoloxía ou Traballo Social, entre outras.

O ránking elaborouse a partir das enquisas realizadas a responsables de contratación das empresas participantes, entendidos como os representantes das decisións de selección e contratación das empresas. En cada área de coñecemento tivéronse en conta un número mínimo de contratacións. Así, en Humanidades e outras Ciencias Sociais e en Saúde e Benestar tomáronse en consideración aquelas universidades que tiñan como mínimo 30 contratacións por ámbito de coñecemento.

A finalidade específica deste estudo foi determinar as mellores universidades por cada ámbito de coñecemento e establecer as mellores universidades para as titulacións máis demandadas en España.

E agora que o sabes, queres comprobalo?

0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *