oscar

Hoxe temos moi boas novas: un dos nosos egresados, o enxeñeiro de Montes formado na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, Óscar Crespo Pinillos, vén de acadar unha das 120 bolsas outorgadas por La Caixa a titulados universitarios españois para completar estudos de posgrado no estranxeiro. Moitos parabéns!!

Crespo Pinillos é, ademais, o único titulado da USC que resultou seleccionado en réxime de concorrencia competitiva na convocatoria de 2015 e aproveitará esta bolsa para estudar durante dous anos na afamada universidade estadounidense de Yale, onde ten previsto comezar xa no mes de agosto un Mestrado en Administración Medioambiental.

Segundo nos comentou, a súa intención e cursar a especialidade de Negocios e Administración, “co fin de poder ter así unha perspectiva internacional de como se move o sector forestal”. “Escollín este programa pola gran relevancia e tradición que ten Yale no eido medioambiental e pola enorme perspectiva internacional que ofrece este máster”.

“Outra das razóns pola que me decantei por facer este máster vén dada polo feito de que se trata dun programa académico que é moi flexible e que permite cursar e estudar disciplinas impartidas en calquera das facultades da Universidade de Yale”, engadiu este enxeñeiro de Montes nado na Rioxa que recalou en 2013 na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC para completar os dous últimos cursos da Enxeñaría de Montes.

Durante a súa estadía entre nós garda un moi bo recordo, segundo nos comentou, por se tratar dun campus universitario moi acaído para o seu ámbito de estudo.

Que podes cursar na Escola Politécnica Superior?

Na Escola Politécnica Superior do Campus Terra podes cursar os seguintes estudos de grao:

Doutoramento

Mestrado

Tamén che pode interesar...

campus
Dúas novas teses innovadoras saídas do Campus Terra
Stéfano Arellano, coa 'Foto-guía de combustibles forestais de Galicia'
Dúas novidosas investigacións da Escola Politécnica Superior do Campus Terra

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *