estudiar-doble-grado

Se es unha persoa que gusta dos retos nós temos tres que ofrecerche. Realizar un dobre grao universitario é algo que che vai marcar, e para ben, e máis se o fas no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.

Cursar un dobre grao supón múltiples beneficios para quen o cursa. Non o cres? Aquí tes unha relación pola que é unha opción que deberías ter en conta:

Un dobre grao dáche maior competitividade

Nun mercado laboral que esixe cada vez maior especialización e diversificación, ter o coñecemento sobre 2 áreas diferentes axudarate, sen dúbida, a destacar sobre os demais, a ser unha carta de presentación que che abrirá máis portas que unha única titulación

Un dobre grao non supón unha dobre dedicación

Ao contrario do que poida parecer, estudar un dobre grao non implica necesariamente que lle teñas que dedicar o dobre de tempo e de esforzo, aínda que si son algo máis demandantes que as titulacións sinxelas.

Aquelas titulacións dunha mesma área adoitan ter materias en común que non terás que cursar dúas veces, algo que si farías se os cursases por separado.

Un dobre grao axudarate a organizarte mellor

Ao requirir unha maior dedicación, un dobre grao axudarate tamén a optimizar o teu tempo, a organizáreste mellor e preparáreste para o futuro laboral coas competencias persoais que adquiriras.

Un dobre grao facilítache a elección

Se estás dubidando entre unha ou outra carreira, un dobre grao permíteche fusionar carreiras nunha única polo que non precisarás elixir.

Ademais, no transcurso da túa formación, poderás centrarte nalgún dos campos que che resulte máis atractivo ou que no momento decidas que é ao que te queres dedicar no futuro, optendo, ademais unha outra formación que ampliará o teu currículo.

Un dobre grao prepárate para a especialización

Estudar un dobre grao non só che dá unha maior abano de posibilidades laborais ao rematares os teus estudos. Tamén terás unha maior oferta de especialización a través dos mestrados, xa que poderás cursar aqueles que pertenzan aos dous ámbitos en que te formaches.

Que che parece a nosa oferta?

Agora que xa tes os motivos, aquí tes a nosa oferta:

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Dirección e Administración de Empresas
3 motivos para estudar o Grao en Dirección e Administración de Empresas

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *