calendario-pau-selectividade-galicia

Seguro que xa o sabes pero estás a piques de facer historia. Es o último elo da cadea que foron construíndo durante 40 anos centos de miles de persoas coma ti. Nunha semana comeza unha cita que pasará aos anais: ¡a última selectividade da historia!

Pero ti preocúpate do que tes por diante que nós te poñemos a man os principais datos que debes saber sobre a realización da selectividade.

O cando: as principais datas

Seguro que desde hai meses tes marcado no calendario os días 8, 9 e 10 de xuño, a que si? Son as datas en que terán lugar os diferentes exercicios. Con todo, deixámoste outras datas que debes ter en conta:

  • O día 17 de xuño, a partir das 20:00 horas, publícanse as cualificacións provisionais na páxina da CIUG e nos diferentes centros de ensino.
  • Se non concordas coa puntuación, poderás solicitar unha segunda corrección e outras reclamacións durante os días 18 e 21 de xuño.
  • A partir das 13:00 horas do 23 de xuño, publicaranse as cualificacións da PAU despois da resolucións das reclamacións.
  • Aínda terás un prazo máis para solicitar a revisión da segunda corrección, que se estenderá do 27 ao 29 de xuño
  • Por último, o 30 de xuño, resolveranse estas solicitudes de revisión da segunda corrección

O onde: os lugares

Os lugares de realización das PAU na provincia de Lugo son tres:
  • A Comisión Delegada número 12 terá sede na Escola Universitaria de Estudos Empresariais (Avenida de Afonso X s/n).
  • A Comisión Delegada número 13 estará na Facultade de Humanidades (Campus Universitario sen número)
  • Por último, a Comisión Delegada número 14 está localizada no IES Vilar Ponte (Rúa Antonio Ledesma número 56, Viveiro).
Nesta ligazón poderás consultar en que comisión está ubicada o teu centro de ensino. Oxalá teñamos a sorte de coñecerte :)!

O como: horarios das probas

As probas terán lugar, como comentamos anteriormente, os días 8, 9 e 10 de xuño, co seguinte horario. Mércores 8 de xuño. Primeira parte da proba
  • 9:00 Presentación
  • 10,00 h Lingua Castelá e Literatura
  • 11,30 h Descanso
  • 12,15 h Historia de España / Historia da Filosofía
  • 13,45 h Fin sesión
Sesión de tarde
  • 16,00 h Lingua Galega e Literatura
  • 17,30 h Descanso
  • 18,15 h Lingua Estranxeira
  • 19,45 h Fin sesión
Xoves 9 de xuño. Segunda parte da proba
  • 9:00 h Matemáticas II / Grego II / Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica
  • 10,30 h Descanso
  • 11,15 h Ciencias da Terra e Ambientais / Literatura Universal / Deseño
  • 12,45 h Descanso
  • 13,30 h Química / Latín II / Debuxo Artístico II
  • 15,00 h Fin sesión
Sesión de tarde
  • 16,30 h Bioloxía / Historia da Arte
  • 18,00 h Descanso
  • 18,45 h Electrotecnia / Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais / Artes Escénicas
  • 20,15 h Fin sesión
Venres 10 de xuño.
  • 9,00 h Física / Xeografía / Análise Musical II
  • 10,30 h Descanso
  • 11,15 h Tecnoloxía Industrial II / Economía da Empresa
  • 12,45 h Descanso
  • 13,30 h Debuxo Técnico II / Historia da Música e da Danza
  • 15,00 h Fin sesión

Precisas algún consello?

Temos a certeza de que estes son días de moitos nervios, mais tamén estamos seguros de que, se o propós, todo vai saír ben. Durante os últimos meses fuches preparando esta cita e tiveches a axuda de moitos e bos profesionais como son os teus docentes.

Con todo, se o precisas, poñemos á túa disposición estes 5 consellos para afrontar a selectividade con éxito. Agardamos que che poidan axudar e moita sorte!

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *