para-estudar-lugo-2016-b

Se estás decidindo cal será o teu destino, en Lugo queremos poñercho fácil. Temos unha calidade de vida excelente, gozamos dun contorno envexable e, sobre todo, tamén un Campus que se adapta perfectamente ás túas necesidades cunha ampla oferta educativa.

Vamos, que o mellor está en Lugo pero… só nos faltas ti!

Un ano máis, a Deputación de Lugo reedita a campaña Para estudar, Lugo coa que queremos que o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela sexa o inicio da túa nova vida.

Non sabes aínda que che ofrecemos? Non nos referimos a ampla oferta formativa con 15 graos de 4 ramas do saber ou aos diferentes programas de doutoramento ou másteres que farán brillar o teu currículo. Temos unha oferta que non poderás rexeitar:

50% DA TÚA MATRÍCULA GRATIS AO TE MATRICULARES NO CAMPUS DE LUGO DA USC

Como les: se te matriculas por primeira vez nalgún dos graos seguintes, a Deputación de Lugo pagarache o 50% da matrícula.

Desconto automático nos graos anteriores só con escolleres Lugo como lugar de estudos e formalizares a túa matrícula. Boa oferta, non si?

Que teño que facer para beneficiarme do desconto?

Nada. Só é necesario acceder á páxina web da USC, seleccionar a ligazón coa matricula e formalizar o proceso. No momento de pagar, xa se descontará de xeito automático o 50% do importe da matrícula.

Novidades en paraestudarlugo.com

Nesta nova edición tamén estamos de estrea. Non só nos referimos ao Campus Terra, o proxecto para transformar o Campus de Lugo nun referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sostibilidade económica, social e medioambiental, senón tamén a este renovado espazo en que atoparás as novidades do programa de bolsas ou consellos prácticos para decidíreste por Lugo, así como diferentes páxinas con toda a información que precisas saber sobre o Campus de Lugo da USC.

En Campus tes toda a información que precisas para facéreste unha idea do lugar que será o teu próximo destino educativo sen necesidade de nos visitar.

Pola súa banda, en Formación atoparás unha relación detallada sobre os graos, os programas de doutoramento e os másteres que ofertamos, con especificación do plan de estudos e ligazóns para ampliares ou accederes dun xeito áxil á formalización da túa matrícula.

O Campus Terra no teu peto

Por último, e non menos importante, estreamos unha nova funcionalidade. Se tes un smartphone, podes acceder a toda a información sobre o Campus Terra a través da aplicación Telegram.

Para iso só tes que unirte a noso grupo Para estudar, Lugo, nesta ligazón https://telegram.me/paraestudarlugo ou buscándonos na aplicación, @paraestudarlugo.

Lugo está agardándote. Vés?

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *