Satisfacción

O Campus Terra gusta: segundo a última enquisa de satisfacción entre o alumnado do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, 9 de cada 10 deles recomendaríalles ás súas amizades e coñecidos que viñesen aquí estudar a súa carreira.  O 90%! Gustaríache comprobalo?

Somos internacionais

No Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela cada día somos máis, pero sobre todo, temos a porta aberta a todo o mundo: o 12% dos e das que aquí veñen cada ano proveñen de ata 20 nacionalidades diferentes. Gustaríache compartir experiencias e enriquecerte con compañeiros tan dispares?

Somos multilingües

Para alén da riqueza que supón as nosas dúas linguas oficiais, o galego e o castelán, hai un factor que nos fai destacar: o 100% dos estudantes remata os seus estudos de Grao como mínimo cun nivel B1 de coñecemento dunha lingua estranxeira consonte o Marco Europeo Común de Referencia para as linguas (MECR).

Somos un campus completo

Busques o que busques, sexas máis de números ou un apaixonado das letras, o Campus Terra ten unha oferta formativa adaptada ás túas necesidades: englobando catro das ramas do saber, poderás escoller entre 15 titulacións de grao e 3 graos dobres que van desde a Veterinaria á xestión en Pequenas e Medianas Empresas ou a difusión cultural. O teu futuro decídelo ti: nós dámosche as opcións.

Somos excelentes

A Universidade de Santiago de Compostela é unha das mellores de España como acreditan todos os ránkings que se elaboran ano tras ano. Pero o que nos fai mellores é xente coma ti.
0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *