ade
Non cabe ningunha dúbida: as empresas son o motor económico de calquera país. Por iso é necesario contar con profesionais capaces de tomar decisións e de xerar valor económico nunha organización. Para formar estes profesionais está o Grao de Administración e Dirección de Empresas, unha carreira profesional que consiste en estudar o xeito en que as empresas adquiren e empregan os seus recursos para cumprir os seus obxectivos. Pero ADE, como tradicionalmente se coñece, é moito máis. Aquí tes 7 razóns polas que estudar Administración e Dirección de Empresas no Campus de Lugo.

Polo amplo abano de especialización da carreira

O Grao en Administración e Dirección de Empresas ofréceche unha visión xeral de diferentes panos que conforman a vida empresarial. Con todo, a especialización que adquires en diferentes materias optativas, servirán para guiarche a un ou outro plano, segundo as túas preferencias e competencias.

Pola súas saídas laborais

Todas as empresas precisan alguén que as administre e ese alguén podes ser ti. Pero ademais, os teus coñecementos especializados abriranche portas como o márketing, tradicional ou dixital, etc.

ADE, a carreira favorita das empresas

A día de hoxe, o Grao de Administración e Dirección de Empresas segue a ser a carreira máis demandada polo mercado e con máis saídas profesionais, segundo un estudo elaborado por Adecco.

A base para creares o teu propio negocio

Mais, se o teu é emprender, nada mellor que coñeceres toda a dinámica empresarial desde dentro. Ao estudares o Grao en Administración e Dirección de empresas estarás suficientemente preparado para levares á práctica esa idea de negocio que levas tempo barallando.

Pola oferta formativa posterior

O grao pode ser o primeiro paso para despois ampliares os teus coñecementos. No Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela poderás cursar o Máster Universitario en Dirección de Empresas, onde coñecerás en profundidade as chaves precisas para dirixires unha corporación.

Aprenderás a traballar en equipo

Un ou unha graduada en Administración e Dirección de Empresas non só se acostumará a traballar en equipo, senón que saberá como xestionar e supervisar os equipos, co que aprenderá a ser un motivador e sacar o mellor dos demais.

Porque se Lugo quere premiar a túa confianza

Seguro que o sabes pero imos lembrarcho: Lugo está buscando xente con talento. E para iso, a Deputación ofréceche unha oferta que non poderás rexeitar: 50% da matrícula por matriculáreste no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. ade

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *