agroalimentaria-2
Se estás aproveitando o final de setembro para decidires que carreira cursar, aquí tes 5 motivos polos que elixires o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.

Pola importancia do sector agropecuario en Galicia

O sector primario en xeral, e agrogandeiro en particular, segue a ser un dos principais motores da economía galega. Formar parte del e ser un dos actores protagonista da súa expansión e da súa mellora é un dos retos máis importantes ao que terás que afrontarte á túa saída ao mercado laboral.

Pola súa alta taxa de empregabilidade

Buscas un grao cunha boa taxa de empregabilidade? Este é a Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria: segundo o Informe de inserción laboral dos estudantes universitarios, a taxa de empregabilidade nesta titulación rolda nada máis e nada menos que o 75%!

Polas súas frontes laborais

Aínda que pareza mentira, as explotacións agropecuarias son as que menos peso presentan nas contratacións dos graduados en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, xa que só representan o 2 %. No polo oposto, sitúanse as empresas agrarias e alimentarias, con 29 %, seguindo das empresas de servizos e de subministracións especializadas co 19, a consultoría o 12 e a administración pública cun 10%.

Polas portas que se abren ao cursares os estudos

Non só poderás acceder a calquera mestrado ao cursares os teus estudos cursando, se for preciso, as materias de nivelación que sexan obrigatorias. Na Universidade de Santiago de Compostela poderás tamén cursar o Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica, onde, entre outras cousas, formaraste en proxectar, planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agroalimentario, incluíndo as infraestruturas e instalacións necesarias para o desempeño eficiente das devanditas actividades produtivas.

Porque en Lugo estamos agardándote

Queremos que sexas ti quen cree o Lugo do futuro. Está agardando o teu talento, e para que teñas máis doada a elección, ofrecémosche o desconto automático por matriculáreste no a Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria. Vés? agroalimentaria
0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro
grao-enxeñaria-procesos-quimicos-industriais
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais: unha carreira desafiante

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *