Comezar unha carreira é un traxecto longo pero que sempre, sempre, ten que ter un primeiro paso firme: decide ben aquilo ao que te queres dedicar, o que che apaixona, o que cres que podes achegar o teu coñecemento. Seguro que a estas alturas xa o tes ben claro, pero se andas a darlle voltas, o Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela ofréceche, neste mes de setembro, 13 titulacións de grao das catro áreas do coñecemento que están agardando por ti. Se vés de aprobar as PAU en setembro, resolvémosche algunhas dúbidas sobre o proceso de inscrición que comeza agora para que teñas xa algo de camiño andado.

Que é a preinscrición?

Xa decidiches o teu futuro? Pois xa tes o máis importante! Imos, daquela, co segundo paso: a preinscrición. A preinscrición é o proceso a través do que tes que solicitar a admisión no grao ou estudos que queres realizar. É un proceso esencial para, máis adiante, poder formalizar a matrícula xa que é nesta fase cando se comproban se tes os requisitos necesarios, a nota de corte etc.

Cando comeza a preinscrición?

Se vés de rematar a selectividade agora en setembro, tes que seguir o período ordinario que comeza o 28 de setembro!

E cando remata?

Terás toda unha semana para facelo xa que se estende do 28 de setembro ao 2 de outubro ás 14 horas.

Teño que ir a Lugo a facer a preinscrición?

Non fai falta: a túa preinscrición tes que facela na seguinte páxina web, www.usc.es/matricula, onde te guiarán no proceso. Se tes algunha dúbida, nesta outra páxina podes atopar a axuda sobre a matrícula.

Cando sei se estou ou non admitido?

Todo o bo faise esperar: o 13 de outubro, sobre as 15 horas, publicaranse as listaxes de admitidos/as en cada un dos graos.

En que graos podo formalizar a matrícula?

Neste período de matriculación, tes 13 graos á túa disposición: Agás nos dous últimos, por te matriculares terás o desconto do 50% na túa matrícula!

Cando formalizo a matrícula?

Unha vez que tes a confirmación de que estás admitido, só che queda un paso: a matrícula, isto é, o proceso polo que se formaliza a incorporación á Universidade. Xusto cando se publica a listaxe de admitidos comeza o período de matrícula, que será do 14 ata as 14:00 horas do 16 de outubro. Algunha outra cuestión? Non dubides en deixala nos comentarios!
0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
agroalimentaria-2
5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
grao-enxeñaria-procesos-quimicos-industriais
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais: unha carreira desafiante

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *