ruta_botanica_campus_lugo

Se o teu é a natureza, se sabes distinguir entre un carballo autóctono e un americano, se á primeira sabes cal é un piñeiro bravo, do país e outro negro, se cando tes un burato na túa axenda o primeiro en que pensas é en mergullarte en plena natureza por calquera camiño… o teu, sen dúbida, é o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.

Pero antes de te matricular, resolvémosche algunhas dúbidas que tes que ter en conta.

Que debes saber antes?

O Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural non esixe ningunha formación previa específica para entrares. Con todo, como en todas as carreiras do ámbito das ciencias naturais, é necesario que teñas unha boa base de coñecementos biolóxicos e químicos, ademais de matemáticos, físicos, xeolóxicos e de debuxo técnico.

Que aprenderás no grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural?

Ao pasares polo noso campus levarás contigo, ademais dunha boa experiencia, unha boa cantidade de coñecementos para aplicares na túa vida profesional, especialmente os seguintes:

  • Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
  • Capacidade para analizar a estrutura e función ecolóxica dos sistemas e recursos forestais, incluindo as paisaxes.
  • Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, lumes, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade.
  • Capacidade para avaliar e corrixir o impacto ambiental, así como aplicar as técnicas de auditoría e xestión ambiental.
  • Coñecemento das bases da mellora forestal e capacidade para a súa aplicación práctica á produción de planta e a biotecnoloxía.

Cales serán as saídas profesionais?

Este grao capacitarate para exercer a profesión de enxeñeiro técnico forestal, nas especialidades de explotacións forestais e en industrias forestais. Por tanto, poderás traballar en consultorías e empresas ligadas ao ámbito da madeira, a bioenerxía e o medio ambiente.

Os perfís máis recorrentes dos egresados no grao son o de proxectos e consultorías, na silvicultura, ordenación de montes e piscicultura e na na protección e incendios forestais, Pero hai moitos máis!: administracións públicas, compra de madeira, cadea de custodia e certificación, dirección de proxectos relacionados coa xestión forestal…

Como podo ampliar os meus coñecementos

Se despois de cursares os teus estudos queres ampliar os teus coñecementos, a Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo da USC ofréceche diferentes mestrados nos que especializáreste.

Para alén doutros, os tres que mellor se adaptan ao Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural son os seguintes:

Que teño que facer para obter o desconto do 50% da matrícula?

Nada: non tes que facer absolutamente nada. Só matriculáreste por vez primeira no grao e terás o desconto automático. Sinxelo, non si?

enxeñaria-forestal
0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *