grao-lingua-literatura-españolas-2
Ves un HOYGAN por internet e non podes resistir o impulso irrefreable de compartilo e mesmo corrixilo? O OLA K ASE foi para ti o mellor que pasou na rede nos últimos anos? Ou es un apaixonado dos libros, da literatura e de todo o que o rodea? Se as túas respostas son afirmativas, o Grao en Lingua e Literatura Española do Campus de Lugo está feito para ti, e non só pola posibilidade de prácticas que che ofrece (Concello de Lugo, Museo Provincial de Lugo, Biblioteca Provincial, Taller de Instrumentos da Deputación de Lugo, o INLUDES, Servizos sociais do Concello de Lugo, Museo do Castro de Viladonga, TV de Lugo…), ou porque che damos o 50% da túa matrícula gratuíta, senón porque a Filoloxía é o teu por estes motivos:

Polo amplo abano de coñecementos que adquires

O estudo en profundidade dunha lingua dáche unha visión xeral de moitos coñecementos máis alá do estritamente literario ou lingüístico e que che abre un amplo coñecemento de moitas materias: a historia, a cultura, a comunicación, a lingüística humana etc.

A variedade de especialización posterior

Como acabamos de ver, estes coñecementos que adquires ao longo da túa formación hanche abrir moitas portas de especialización ao rematares o teu paso pola universidade. Tras rematares, poderás acceder ao segundo cilco de carreiras como Comunicación Audiovisual, Humanidades, Publicidade e Relacións Públicas, Tradución e Interpretación, Xornalismo, Documentación… e poder ampliares os teus coñecementos.

Porque o castelán é unha lingua en expansión

O español está hoxe en franca expansión. é hoxe a lingua materna ou oficial en máis de vinte países pero tamén é vehículo de intercambios económicos e culturais internacionais nun mundo cada vez máis globalizado en que figura como unha das principais lingas faladas. O español é a segunda lingua elixida polos estudantes de todos os niveis e sistemas educativos en cada vez un maior número de países, polo que todo o mundo está agardando por profesionais coma ti para que os forme.

Porque non todo é a docencia

A pesar dos múltiples cambios e reformas nas leis de educación, a lingua española e a literatura segue a ter un papel central no currículo educativo de secundaria como un dos ensinos básicos e obrigatorios o que augura un futuro de demanda profesional cando menos mantido a respecto do actual. Por tanto, a docencia, tanto pública como privada, tanto no ensino secundario como no universitario, segue a ser a principal saída laboral dos graduados en Filoloxía Hispánica. Pero hai moito máis. As novas tecnoloxías están a ampliar as fronteiras de moitas profesións e, entre elas, os filólogos. Especializáreste en comunicación dixital é unha moi boa oportunidade para teres unha profesión de futuro, ao tempo que os novos xeradores de contidos procuran cada vez máis correctores e mesmo tradutores. Así, as túas principais saídas laborais serán os seguintes:
  • Centros de ensino, tanto públicos como privados
  • Institutos e centros de ensino de español para estranxeiros, tanto en España como no resto do mundo
  • Corrector de estilo
  • Medios de comunicación
  • Asesoría de comunicación
  • Novas tecnoloxías e redes sociais
grao-lingua-literatura-española
0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
agroalimentaria-2
5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *