A cultura non só está nos museos. Forma parte do noso día a día e, aínda que non o penses, tamén do noso tempo de lecer. Cada vez se demandan máis actividades culturais para cubrir o noso esparexemento A cultura forma parte da nosa vida. Déixaa que forme parte tamén da túa vertente profesional co Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural! Sabes por que?

Unha titulación única en toda Galicia

O Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural é toda unha novidade no sistema universitario galego. Leva só tres anos implantado na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, único centro en toda Galicia onde terás a formación completa que esta titulación ofrece. Ademais, en toda a peninsula podes atopar outros graos semellantes pero non igual.

Porque é unha carreira pioneira

Desde que hai civilización humana, hai tamén cultura. Pero iso non significa que sexa unha disciplina antiga no sentido pexorativo da palabra. O Campus de Lugo é a mostra: pioneiros en Galicia en ofrecer o Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural adaptado ás necesidades actuais, pois, igual que a cultura nunca está parada, o seu coñecemento ten que estar en constante renovación. Por iso, a titulación ofrece dúas posibilidades formativas: presencial e semipresencial, para así poderes compatibilizar a túa vida cos estudos, sendo o primeiro grao da Universidade de Santiago de Compostela en ofrecer esta alternativa.

Polas posibilidades de inserción no mercado

A Cultura non é só un compendio de saberes. É unha industria moi forte. As empresas deste sector representan o 4% do PIB de España, nada menos. A Cultura é o cinema, o teatro, os grandes museos… pero tamén o son rutas por vilas pequenas, arredor de produtos gastronómicos, as editoriais e a literatura, as bibliotecas, as asociacións culturais… Todo un campo amplo empresarial que tamén se estende ao mundo público, máis alá da docencia: servizos de cultura municipais, provinciais e autonómicos etc.

Pola alta satisfacción do seu alumnado

Un sobresaliente: esta é a valoración que o alumnado que cursa o Grao de Ciencias da Cultura e da Difusión Cultural fai da súa titulación nas enquisas de satisfacción. No ano 2013 foi a carreira con máis puntuación de toda a Universidade de Santiago de Compostela. Matricúlate e descubre o porqué. Precisas máis argumentos? E se che dicimos que a che regalamos o 50% da matrícula? grao-ciencias-cultura-difusion-cultural
0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *