grao-xestion-pequenas-medianas-empresas
Tes capacidade de adaptarte a novos retos? Gústache a innovación? Es unha persoa que non paras quieto e pensas que o emprendemento está feito para ti? Parabéns! O Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela ten, entre a súa oferta, a túa titulación perfecta: o Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas. Que non che engane o nome: a súa formación vaiche ofrecer múltiples competencias. Non o cres? Pois aquí tes os motivos polos que matriculáreste neste grao.

Polo particular sistema empresarial de Galicia e de España

Sabías que, segundo datos do Ministerio de Industria para 2015, o 95,8 % das formacións empresariais en España son microempresas, isto é, teñen entre 0-9 asalariados? E que esta porcentaxe sobre ata o 99,9 se lle sumamos as pequenas (10-49 empregados) e as medianas (50 -250) empresas? Galicia presenta unha realidade semellante: o 96 % do tecido empresarial está formado por pequenas empresas, segundo o informe Ardan. Unha parte importante delas precisarán dun profesional coma ti, que sexa capaz de solucionarlles a xestión do seu día a día.

Polo gran número de competencias que adquirirás ao estudar o grao

Como o seu propio nome indica, ao rematares os teus estudos terás preparación para creares a túa propia empresa e tamén para abordares a xestión diaria dunha pequena ou mediana, tanto nas súas facetas xerais como especializadas. Pero iso non é todo. Tamén poderás acometer labores máis específicos, como ocupáreste das finanzas, da distribución comercial, da xestión de negocios… Por tanto, estarás preparado para ter emprego en moitos ámbitos do mercado laboral:
  • Empresas de banca, de finanzas de seguros…
  • Consultorías
  • Empresas sen depender do tamaño con elevado nivel de internacionalización
  • Docencia universitaria e non universitaria
  • Investigación

Porque só o podes atopar en Lugo

Lugo é un lugar único e non só polo que che ofrece a súa calidade de vida, o seu contorno…. O Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas do Campus Terra da USC é unha titulación única en todo o sistema universitario galego.

Porque terás o 50% da túa matrícula gratis

Seguro que o sabes xa pero, se non, lembrámoscho: ao matriculáreste por vez primeira no Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas do Campus Terra da USC terás un desconto automático do 50% da túa matrícula. Xa non tes escusas! grao-pequena-mediana-empresa

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *