img-02
Agora que xa tes a confirmación da túa solicitude de preinscrición, permítenos que te felicitemos: parabéns merecidísimos! A túa nova vida universitaria vai comezar e en Lugo queremos que sexa o máis proveitosa posible. Xa só che queda un paso: formalizares a túa matrícula e beneficiáreste dos descontos da Deputación de Lugo para estudar no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela! Non sabes aínda como facer? Apunta:

50% da matrícula gratis

No primeiro dos supostos, isto é, se te acolles ao desconto do 50% da matrícula que che ofrece a Deputación de Lugo non tes que facer nada. A partir de hoxe mesmo, só tes que acceder ao apartado de matrícula da páxina web da Universidade de Santiago de Compostela e formalizala. No momento de pagar xa se che descontará de xeito automático o 50% do importe da matrícula. Así de doado: o 50% da túa matrícula irá por conta da Deputación só por te matriculares nestes 10 graos incluídos na promoción:

Matrícula gratis para os mellores expedientes de Bacharelato e FB

Igual que no caso anterior, tes primeiro que formalizar a túa matrícula nalgún dos graos do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela e neste caso deberás cubrir é o impreso oficial, que atoparás no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do sábado 30 de maio. Aquí tes a ligazón. Despois precisamos que nos achegues os teus méritos académicos para que poidamos certificar que cumpres os requisitos da convocatoria. Xa que vas elixir Lugo como destino, que mellor que facernos unha visita? No Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, estaremos encantados de coñecerte e poder saudarte persoalmente para que nos entregues a documentación. O horario do Rexistro Xeral é de 9 a 14 horas de luns a venres e de 10 a 14 os sábados. Se non podes vir polo motivo que sexa, podes enviarnos a documentación por mensaxería ou no rexistro doutras dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para presentarnos a documentación remata o 30 de xullo.
0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
agroalimentaria-2
5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *