master-oficial
Hoxe, 7 de xullo, ábrese o prazo para solicitares a túa matrícula nos mestrados oficiais da Universidade de Santiago de Compostela! Se vas iniciar os teus estudos de mestrado, aquí tes os diferentes prazos segundo a modalidade do máster que vaias cursar e lembra que, de teres boa nota, a túa matrícula pode saírche gratis!

Máster con matrícula directa

  • Matrícula xeral: do 7 xullo ao 3 setembro
  • Se quedaren vacantes, abrirase un segundo prazo do 4 ao 17 setembro

Máster con criterios de selección xerais

A solicitude de praza comeza o 7 de xullo e reamta o 7 agosto. A publicación de persoas adxudicatarias das prazas é o 11 de agosto e, a seguir, comeza o prazo de matrícula nas datas seguintes:
  • 1º convocatoria matrícula admitidos: 12 – 14 agosto
  • 2º convocatoria de matrícula con lista de agarda: 18 – 20 agosto
  • 3º convocatoria de matrícula con lista de agarda: 21 – 22 agosto
A matrícula en vacantes en máster sen listaxe de agarda será, pola contra, entre o  18 agosto e o 17 setembro

Máster con criterios específicos de selección

Pola súa banda, se vas comezar un mestrado con criterios específicos de selección, a solicitude de praza tamén comeza o 7 de xullo e esténdese ata o 7 de agosto. Nos máster que non teñen listaxe de agarda, os prazos son os seguintes
  • Publicación de admitidos: 11 de agosto
  • Matrícula admitidos: do 12 ao 14 agosto
  • Matrícula en vacantes: do 18 agosto ao 17 setembro
Nos máster con criterios específicos de selección con listaxe de agarda, os prazos son os seguintes:
  • Publicación admitidos: 4 de setembro
  • Matrícula admitidos: do 4 ao 8 setembro
  • Matrícula en vacantes: o chamamento será individual

Máster en Formación do Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e E. de Idiomas

Se vas cursar un mestrado en Formación do Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensino de Idiomas, os prazos que debes ter en conta son os seguintes: A solicitude de praza será do 7 xullo ao 7 agosto e o 11 de agosto publicarase a listaxe de admitidos e comezará o período de matrícula, cos prazos seguintes:
  • 1º convocatoria matrícula admitidos: do 12 ao 14 agosto
  • 2º convocatoria de matrícula con lista de agarda: 18 – 20 agosto
  • 3º convocatoria de matrícula con lista de agarda: do 21 ao 22 agosto
  • Matrícula vacantes* (Máster sen listaxes de agarda): do 18 agosto ao 17 setembro
0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
agroalimentaria-2
5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *