22
Bule e non perdas máis tempo! O venres 3 de xullo remata o prazo para preinscribirte no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Non o deixes para última hora e vai pensando en pasar pola nosa páxina, http://www.usc.es/gl/matricula e así evitares problemas coa Lei de Murphy! Lembrámoste o calendario que tes por diante para iniciares a túa carreira universitaria:

Prazos de preiscrición

En xuño, hai tres prazos de preinscrición:
  • Anticipada: do 8 de xuño ao 3 de xullo.
  • Ordinaria: do 22 de xuño ao 3 de xullo.
  • Especial: do 13 de xullo ao 30 de xullo.
Para aqueles que pasades as probas de acceso á universidade en setembro, a matrícula comezará o día 28 do mesmo mes e rematará o 2 de outubro.

Listaxes de admitidos nos graos da USC

As litastaxes de admitidos publicaranse nos días que indicamos a seguir no portal da Universidade de Santiago de Compostela a partir das 15:00 horas:
  • 1ª listaxe: 14 de xullo
  • 2ª listaxe: 21 de xullo
  • 3ª listaxe: 28 de xullo
  • 4º listaxe: 1 de setembro
  • 5ª listaxe: 8 de setembro
  • 6ª listaxe: 22 de setembro
  • 7ª listaxe: 13 de outubro
  • Última listaxe: 20 de outubro

Prazos de matrícula na USC

Os prazos de matrícula ábrense xusto despois de publicarse cada listaxe de admitidos e son os seguintes:
  • 1º prazo: 15, 16 e 17 de xullo ata as 14:00 horas
  • 2º prazo: 22, 23 e 24 de xullo
  • 3º prazo: 29, 30 e 31 de xullo
  • 4º prazo: 2, 3 e 4 de setembro
  • 5º prazo: 9, 10 e 11 de setembro
  • 6º prazo: 23, 24 e 25 de setembro
  • 7º prazo: 14, 15 e 16 de outubro
  • Último prazo: 21, 22 e 23 de outubro
  • Toma boa nota e agardámoste!
    0

    Tamén che pode interesar...

    campus
    Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
    agroalimentaria-2
    5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
    Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *