lugo_gl
Se miras ben o mapa do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela que encabeza este post (e que podes ampliar aquí) hai algo que, por moito que busquemos, non atopamos. Si, iso: ti! A Lugo só lle faltas ti. Agora que andas en plena preinscrición e talvez non o teñas totalmente claro, has de saber 5 cousas que che farán dar o paso definitivo para elixires Lugo como o teu próximo destino.

6 graos únicos en todo o Sistema Universitario Galego

A primeira é que, se buscas a especialización e formarte en campos de estudo singulares e únicos, o Campus de Lugo da USC ofréceche ata 6 graos universitarios que só poderás atopar aquí en todo o Sistema Universitario Galego:

E un total de 15 graos de todas as ramas do saber

Pero estes seis graos non o son todo. O de Lugo é un campus pensado pensado para que teñas unha das ofertas máis plurais de Galicia. Podes optar por estudar na rama de Enxeñaría e Arquitectura, de Humanidades, de Ciencias Sociais, de Ciencias e por suposto da rama de Ciencias da Saúde. 7 centros, 15 títulos de grao, 11 mestrados e diversos programas de doutoramento consolídano como o cuarto campus universitario dos sete existentes en Galicia e o primeiro dos non principais (Santiago, A Coruña e Vigo).

Pola posición privilexiada do Campus de Lugo da USC nos ránkings internacionais

Non esquezas que o Campus de Lugo forma parte da Universidade de Santiago de Compostela, http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/usc-destaca-su-valoracion-ranking-shangai/idEdicion-2014-08-16/idNoticia-885250/ As estatísticas de titulacións e estudantes coloca o campus de Lugo nunha posición vantaxosa na súa contorna máis próxima, pero a análise doutros indicadores de máis impacto, como o son os niveis de produción científica, a excelencia académica e de investigación ou mesmo a prestación de servizos, elevan a USC, en xeral, e o campus de Lugo, en particular, aos primeiros lugares de ránkings nacionais e internacionais. Por algo está situada entre as 500 mellores universidades de todo o mundo (no coñecido como Ránking de Shangai), un feito do que só poden presumir 12 universidades de toda España.

E falando de ránkins… a túa matrícula gratis por seres dos mellores!

Se encabezas o ránkins de boas notas, queremos contarche algo importante: sabías que por ter un bo expediente no Bacharelato ou na Formación Profesional a túa matrícula nos 15 graos do Campus de Lugo sáeche totalmente gratis? Si! Como oes: o Campus de Lugo premia aos 6 mellores expedientes de toda Galicia por cada unha das 15 titulacións de grao da súa oferta formativa.

E se non, sempre che quedará o 50% de desconto!

Mais, se por algún motivo non estás entre eses 6 elixidos, aínda hai outra oferta para ti: 50% da túa matrícula gratuíta por te matriculares nalgún dos seguintes 10 graos!
0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
agroalimentaria-2
5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *