twitter-add
Comezar unha carreira é un traxecto longo pero que sempre, sempre, ten que ter un primeiro paso firme: decide ben aquilo ao que te queres dedicar, o que che apaixona, o que cres que podes achegar o teu coñecemento. Seguro que a estas alturas xa o tes ben claro, pero se andas a darlle voltas, o Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela ofréceche 15 titulacións de grao das catro áreas do coñecemento que están agardando por ti. Se estás a punto de lanzarte á carreira, resolvémosche algunhas dúbidas sobre o proceso de inscrición que comeza agora para que teñas xa algo de camiño andado.

Que é a preinscrición?

Xa decidiches o teu futuro? Pois xa tes o máis importante! Imos, daquela, co segundo paso: a preinscrición. A preinscrición é o proceso a través do que tes que solicitar a admisión no grao ou estudos que queres realizar. É un proceso esencial para, máis adiante, poder formalizar a matrícula xa que é nesta fase cando se comproban se tes os requisitos necesarios, a nota de corte etc.

Cando comeza a preinscrición?

O período para matricularte nun dos graos do Campus de Lugo da USC comeza neste primeiro chanzo indispensable en 2 modalidades: a anticipada e a ordinaria. Se vés de rematar a selectividade, tes que seguir o período ordinario que comeza este próximo luns 22 de xuño!

… E cando remata?

Non é necesario que madrugues o luns 22 de xuño. Tómate o teu tempo xa que tes de prazo ata o 3 de xullo.

Teño que ir a Lugo a facer a preinscrición?

Non fai falta: a túa preinscrición tes que facela na seguinte páxina web, www.usc.es/matricula, onde te guiarán no proceso. Se tes algunha dúbida, nesta outra páxina podes atopar a axuda sobre a matrícula.

Cando sei se estou ou non admitido?

Todo o bo faise esperar: o 13 de xullo publicaranse as listaxes de admitidos/as en cada un dos graos e de agarda se se cobren todas as prazas.

Cando formalizo a matrícula?

Unha vez que tes a confirmación de que estás admitido, só che queda un paso: a matrícula, isto é, o proceso polo que se formaliza a incorporación á Universidade. Xusto cando se publica a listaxe de admitidos comeza o período de matrícula, que será do 13 ao 16 de xullo. E lembra que se matriculas en 10 dos títulos de grao do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, tes un desconto automático só por unirte a nós! Pero ollo, se tes un bo expediente, pode saírche gratis! Algunha outra cuestión? Non dubides en deixala nos comentarios!
0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
agroalimentaria-2
5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *