Se estás decidindo cal será o teu destino, en Lugo precisámosche: queremos xente coma ti, con talento e con ganas de comer o mundo. Temos moito que ofrecerche e ti moito que dar. Contamos cunha calidade de vida excelente, un contorno envexable e tamén un Campus adaptado ás túas necesidades. O mellor está en Lugo agás unha cousa: ti 🙂 Por iso queremos que coñezas o Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, un espazo con personalidade propia e cunha ampla oferta educativa que abrangue as catro áreas do coñecemento diferentes: Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, e Enxeñaría e Arquitectura. Ademais, poñémoscho fácil: no vídeo que encabeza estas liñas, poderás coñecer o Campus de Lugo da USC e ademáis, temos dúas ofertas que non poderás rexeitar:
0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
agroalimentaria-2
5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *