5-trucos-para-superar-selectividade-exito

Chegou o día, chegou a romaría! Estás a piques de enfrontáresche ao teu futuro en formato selectividade e a ben seguro que son moitas as dúbidas e preguntas que tes sobre que é o que te vas encontrar.

Tranquil@! En Lugo estamos agardando por ti , mais antes queremos que pases esta etapa con todas as garantías. Por iso ofrecémosche 5 consellos para afrontala con éxito.

1 Se algo funciona, non o toques

Se chegaches á selectividade, por algo será! Sabemos que son uns días especiais, pero só uns outros días máis na túa vida. Cos nervios propios desta temporada, é bastante frecuente que se muden ou penses cambiar os hábitos de estudo, de sono, de alimentación… Erro! O máis recomendable é que sigas a túa rutina, que fagas igual que fixeches no resto de retos aos que tiveches que facer fronte.

Aconsellámoste que non te obsesiones con centos de preguntas nin cambies os teus hábitos. Se non adoitas facer algo, non o fagas. Se estás cómodo facendo outras, fainas. Se che funcionou ata agora, por que mudalo?

2 Quen garda sempre ten

Estudar ao longo de todo o curso garante chegar á selectividade con moitas posibilidades de éxito. Con todo, se non é o teu caso e aínda que non o creas, xa tes moito camiño andado. Non intentes partir de cero e aproveita todo o que fixeches durante os últimos meses, que seguro que é moito: resumos, esquemas, borradores, subliñados, traballos, lecturas obrigatorias ou non… Se che serviron no seu momento, por que non han servirche agora?

Retomar os apuntamentos é como atopar un vello amigo: é posible que haxa tempo que non o ves, pero a pouco que esteas con el lembrarás todas as súas calidades.

3 Descansa que ben merecido o tes

Non agardes para ao último momento para poñerte ao día. Á medida que chegue a hora é moi probable que vaia medrando en ti a ansiedade, que atopes temas que non miraches e que teñas esa sensación de querer abarcalo todo. Pero a mellor decisión que podes tomar para o último día é tomarte un respiro.

A tarde-noite anterior dedícaa a relaxarte e durmir todo o que se poida. Veñen días longos con moitos retos, polo que tanto o teu corpo como o teu cerebro precisan estar ao 100% para dalo todo. E iso conséguese descansando e relaxándote.

4 O tempo é ouro

Tanto nos días previos como na propia selectividade (e mesmo na vida!), o tempo está cotizado. Céntrate no importante: aqueles temas que máis dominas, aqueloutros en que máis énfase fixeron os e as docentes e esquece aprender todo aquilo que durante o curso non puideches.

Unha vez co exame diante, vai ao gran: sopesa as túas posibilidades e lánzate. Pero que a túa opción non mude. Comezar unha pregunta para a metade cambiala por outra restarache moito tempo e posibilidades.

Como saberás, pasaches a túa carreira de estudante limitado polo reloxo á hora de facer exames, polo que non vas ter problemas con iso desta vez. Estás máis que preparad@!

5 Errare humanum est

Facer a selectividade é como escribir un libro: cada vez que acabes un exame, o mellor que podes facer é pasar páxina. Comeza un novo capítulo e hai que ter a mente ben preparada para deixalo o mellor posible. Darlle voltas a aquela pregunta que deixaches a medias ou dubidar se aqueloutra está ben respondida non solucionará nada. O capítulo xa está rematado e quedan outros tan importantes como o anterior.

Se non deixas de pensar nos erros que cometiches ou se non paras de dar voltas sobre esa resposta que deixaches sen solución, o máis probable é que non esteas totalmente concentrado para o novo reto. Lembra que errar é humano e que os fallos que teñas podes compensalos perfectamente cos teus acertos do futuros. Ademais pensa que adoitamos ser moi críticos con nós mesmos, centrándonos nos erros sen ver os nosos acertos.

Deixa de centrarte no negativo e o feito, feito está. E xa verás como está ben feito 🙂

Moita sorte coa selectividade e lembra que o mellor está en Lugo!

0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
agroalimentaria-2
5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *