estudante
Estás a piques de comezar a selectividade e aínda estás a decidir cal vai ser o teu futuro? Estás no lugar correcto: o Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela está buscando xente coma ti, curiosa e con talento. Temos moito que ofrecerche e mesmo a túa matrícula pode saírche gratis. Como les! u Se queres saber como conseguila, continúa lendo estas 7 preguntas sobre o programa de captación de talento para estudantes que remataron o bacharelato ou FP.

1 Acabo de rematar o Bacharelato / FP, que podo estudar no Campus de Lugo?

En primeiro lugar, deixa que te felicitemos: Parabéns!! Estás no momento clave en que decides que é ao que queres dedicarte e canta máis información teñas, mellor. Por iso queremos presentarche o noso campus. O Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela é un espazo con personalidade propia que presenta unha oferta académica moi variada en catro áreas do coñecemento diferentes (Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, e Enxeñaría e Arquitectura). Son, en total, os 15 títulos de grao seguintes:

2 Que me ofrece Lugo?

Lugo é moito máis que unha cidade universitaria. Ten unha calidade de vida excelente segundo todos os indicadores. O seu campus é urbano e está situado nun contorno rodeado da mellor paisaxe. Poderás gozar dunha das mellores ofertas de lecer e entretemento e tamén debes saber que é unha das cidades máis baratas de España. A simbiose entre a cidade e a universidade é perfecta. Vamos, que só faltas ti!

3 Vin que hai un programa de captación de talento, en que consiste?

En Lugo estamos agardando xente coma ti, con talento, xente que achegue o seu grao de area para construír o Lugo do futuro. Cremos que detrás do teu brillante historial académico hai un aquel especial para o desenvolvemento de determinadas disciplinas, pero tamén é froito dunha vontade indomable, dun espírito de superación e de esforzo que, sen dúbida, merece recompensa. Por iso lanzamos o programa “En Lugo, o teu esforzo ten premio!” co que pagamos a matrícula íntegra aos 90 mellores expedientes de Galicia de bacharelato e da FP que se matriculen nas 15 titulacións do campus, a razón de 6 premios por grao.

4 E cales son eses requisitos?

Cursaches os teus estudos de Bacharelato ou de formación profesional en Galicia? Remataches no ano académico 2013-2014 ou en 2014-2015? Tes unha nota media igual ou superior ao 8,5? A túa resposta é si para as tres? Pois parabéns! Ti podes beneficiarte da nosa oferta de captación de talento para o Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela e ter a matrícula gratis para calquera dos graos que ofertamos!

5 Que documentación teño que presentar?

O primeiro que debes cubrir é o impreso oficial, que atoparás no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do sábado 30 de maio. Aquí tes a ligazón. Despois precisamos que nos achegues os teus méritos académicos para que poidamos certificar que cumpres os requisitos da convocatoria.

6 Teño a documentación e cumpro os requisitos. Onde teño que presentar a miña solicitude?

Xa que vas elixir Lugo como destino, que mellor que facernos unha visita? No Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, estaremos encantados de coñecerte e poder saudarte persoalmente para que nos entregues a documentación. O horario do Rexistro Xeral é de 9 a 14 horas de luns a venres e de 10 a 14 os sábados. Se non podes vir polo motivo que sexa, podes enviarnos a documentación por mensaxería ou no rexistro doutras dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7 E por último, ata cando teño de prazo?

Primeiro é o primeiro: se vas facer a selectividade, concéntrate en pasar ben o “trance”. Estaremos agardando pola túa solicitude ata o 30 de xullo pero non esperes para última hora! Licenza da imaxe: CollegeDegrees360 cartel-o-teu-esforzo-ten-premio
0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
agroalimentaria-2
5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *