paraestudarlugo-post-fb
Se estás decidindo cal será o teu destino, Lugo poncho fácil. Unha calidade de vida excelente, un contorno envexable e tamén un Campus adaptado ás túas necesidades e cunha ampla oferta educativa. Vamos, que o mellor está en Lugo pero… só faltas ti! E para que teñas máis doada a elección, a Deputación de Lugo reedita, un ano máis, a campaña Para estudar, Lugo coa que queremos que o Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela sexa o inicio da túa nova vida. Non sabes aínda que che ofrecemos. Continúa lendo!

50% da túa matrícula gratis ao te matriculares no Campus de Lugo da USC

Se te matriculas por primeira vez nalgún dos graos seguintes, a Deputación de Lugo pagarache o 50% da matrícula. Si, como les: desconto automático nos graos anteriores só con escolleres Lugo como lugar de estudos e formalizares a túa matrícula. Boa oferta, non si? Pero, ollo! Aínda temos máis que ofrecerche…

Matrícula gratis para os mellores expedientes académicos!

Un brillante historial académico adoita ser froito dun talento especial para o desenvolvemento de determinadas disciplinas, pero tamén é froito dunha vontade indomable, dun espírito de superación e de esforzo que queremos compensar. En Lugo, o teu esforzo ten premio! A Deputación de Lugo pagará a matrícula íntegra aos 135 mellores expedientes de Galicia de bacharelato, formación profesional e de grao do Campus de Lugo. Esta axuda, divídese en dous grupos. Por unha parte, se acabas de rematar BAC ou FP en Galicia, a Deputación sufragará o custo íntegro da túa matrícula na convocatoria de xullo: hai premio para os 6 mellores expedientes en cada unha das 15 titulacións de grao que ofrece o Campus. Por outra, se te acabas de graduar no Campus de Lugo con boa nota, tamén podes ter a túa recompensa: a Deputación sufragará o custo íntegro da túa matrícula nos máster que ofrece o campus no curso 2015-16. Hai premio para os 45 mellores expedientes graduados. Queremos que sexas ti quen cree o Lugo do futuro. Está agardando o teu talento, vés?
0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
agroalimentaria-2
5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *