para_estudar_lugo_bolsas
O prazo de preinscrición para te matriculares por vez primeira na universidade neste mes de setembro comeza o vindeiro luns. Talvez oíches falar do Campus de Lugo, do programa de bolsas da Deputación e é posible que aínda non teñas tomada a túa decisión. Nós resolvémosche neste post 5 preguntas sobre o programa de bolsas para estudar no Campus de Lugo da USC e darche o último empurrón para que te aventures en Lugo 🙂

En que consiste o programa de bolsas da Deputación de Lugo?

En xuño deste mesmo ano, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o reitor da USC, Juan Manuel Viaño Rey, asinaron un protocolo de colaboración entre Deputación e Universidade para a inmediata posta en marcha dun Plan de Choque en Impulso do Campus de Lugo que inclúe 13 medidas. Dentro destas 13 medidas, concretouse a elaboración dun plan de bolsas para gastos de matrícula nas titulacións nas que non se cobren as prazas. Desta forma, ao te matriculares por vez primeira no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, recibirás nada máis e nada menos que un desconto no 50% da túa matrícula en determinadas carreiras.

Como teño que facer para beneficiarme do programa #ParaestudarLugo?

O primeiro que tes que facer é tomar unha decisión: elixe unha das especialidades para que o teu futuro empece nunha das titulacións. Despois, só tes que acceder á páxina web da USC, seleccionar a ligazón coa matricula e formalizar o proceso. No momento de pagar xa se che descontará de xeito automático o 50% do importe da matrícula. Este plan de bolsas xa foi ofrecido para os estudantes que se matricularon en xullo e 145 persoas beneficiaronse dos descontos. Vas quedar ti sen el agora en setembro?

Que graos están contemplados na oferta?

Os graos que forman parte do programa #ParaestudarLugo son os seguintes:

E se non estudo estas carreiras, teño algún outro beneficio?

Por suposto. O obxectivo do Plan de Choque para Impulsar o Campus de Lugo vai moito máis: mellores prácticas na túa carreira, máis saídas de campo para poñer en práctica o que aprendas, melloras nas facultades e no propio Campus… Todo coa finalidade de que o Campus ofreza máis e mellores servizos e que poidas aproveitar ao máximo a túa experiencia universitaria.

Como podo ampliar a información sobre o Programa?

A preinscrición no prazo de setembro comeza o próximo luns 29 de setembro e prolongarase ata o 1 de outubro. Se tes algunha dúbida sobre o programa de bolsas ou queres ampliar a información sobre graos, facultades ou sobre o Campus de Lugo, podes contactar con nós a través de diferentes vías:
  • Podes chamarnos por teléfono de 09:00 a 14:30 ao 881 812 000 ou 982 820 532, e de 14:30 a 20:00 no 881 811 000.
  • Podes achegarte ao Campus de Lugo e falar con nós no seguinte enderezo: Edificio Biblioteca Intercentros.
  • Pregúntanos o que queiras vía Twitter en @UniversidadeUSC
Lembra: Lugo está agardándote. Aventúraste?
0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *