Skipjack_tuna_shoal
Os lineais dos supermercados están repletos de produtos para os padais máis esixentes. Hoxe en día, na sección de embutidos, podemos atopar unha ampla gama que vai desde o xamón máis cotizado, como os de Jabugo ou de porco celta, a versións máis exóticas como os de parrulo ou os de pavo, ou económicas como o xamón cocido. Con todo, o que non atoparás é xamón de bonito… Mais só ata dentro de pouco tempo! A Universidade de Santiago de Compostela, co financiamento da Deputación Provincial de Lugo, está a traballar desde comezos deste ano nun proxecto totalmente innovador que pretende renovar as túas eleccións culinarias. Con base neste proxecto, levado polo Laboratorio de Desenvolvemento de Novos Alimentos da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, investígase como elaborar novos derivados do peixe como os fiames que poidan servir como revulsivo do sector. Pero non se vai quedar só aí: acadar un produto que dure máis refrixerado e que se adapte a ás novas demandas do mercado e dos consumidores son tamén dous obxectivos do equipo coordinado polo profesor Manuel Vázquez. A clave da investigación está nunha nova enzima, a transglutaminasa, que permite a xelificación das proteínas do peixe, dando como resultado innovadoras presentacións coa carne do peixe, de xeito similar ao xamón cocido realizado a partir da carne de porco. A novidade fundamental consiste en que, ata o de agora, non se podía extraer e xelificar a proteína do peixe do mesmo xeito que se pode facer coa da carne, o que limita enormemente as posibilidades de poñer no mercado presentacións alternativas dos produtos do mar.

A importancia da pescada e do bonito en Lugo

Da importancia destes dous peixes falan os datos de capturas e de volume de negocio: en 2013, as lonxas de Burela e Celeiro venderon máis de 10 millóns de quilos de pescada, acadando beneficios superiores aos 40 millóns de euros. En Burela, facturáronse ademais outros 7 millóns de euros coa comercialización do bonito. O proxecto de investigación ten tamén como finalidade a modernización do sector pesqueiro. Unha vez analizados os resultados do laboratorio e superada a primeira fase, o proxecto terá continuidade coa celebración de diferentes obradoiros dirixidos a desempregados. O primeiro destes cursos xa ten nome e datas: “Desenvolvemento de novos produtos pesqueiros” comezará a impartirse nos portos de Burela e Celeiro durante o vindeiro mes de outubro. Fonte da imaxe: Wikipedia

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *