ruta_botanica_campus_lugo
Moitas veces contamos cunha riqueza natural da que non sempre somos conscientes, quer sexa porque estamos afeitos a vela, quer porque non a coñecemos. O Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela é unha grande mostra diso: nas súas máis de 30 hectáreas atesoura unha das maiores riquezas e diversidades botánicas que podes ver hoxe por hoxe non só nos campus galegos, senón en toda a provincia de Lugo. Nada máis e nada menos que 230 taxóns leñosos podes atopar se gustas de camiñar na plena natureza que é o Campus de Lugo. Desde especies europeas, americanas, africanas ou da afastada Oceanía, entre as que cómpre salientar algunhas híbridas, produto das prácticas de xardinería. Levan tempo aí, agardando a mirada e a clasificación por parte dos expertos e agora, grazas ao esforzo da USC tamén poden estar no teu peto. A Universidade de Santiago de Compostela publicou hai só uns meses unha completa Ruta Botánica polo Campus de Lugo da autoría de Javier Pereira-Espinel Plata, Manuel Antonio Rodríguez Guitián, María Isabel Iglesias Díaz e Antonio Rigueiro Rodríguez. Con ela na man, o noso Campus mostra un aspecto absolutamente diferente. O paseo convértese nun exercicio didáctico, nunha aventura de descubrimentos botánicos para o profano, para o estudoso e mesmo para quen a botánica non garda segredos. Nesta publicación proponse unha ruta, a máis accesible, pero ao pasear polas máis de 34 hectáreas e media que ocupa o noso Campus decatarémonos de que non é o único recuncho verde por descubrir da provincia. Con máis do 50 % do seu territorio declarado Reserva da Biosfera pola Unesco, en Lugo poderemos imaxinar e inventar novas rutas cada día.

Como facerme coa Ruta Botánica polo Campus de Lugo

ruta_botanica_campus_lugo_libro A Ruta Botánica polo Campus de Lugo O Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela editou esta Ruta Botánica polo Campus de Lugo. Con todo, se a queres ter nos teus dispositivos electrónicos, podes dispoñer dela de tres formas diferentes: Os teus paseos polo Campus de Lugo serán, desde agora, diferentes.

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *