Se pensamos que #ParaEstudarLugo, para natureza tamén a que podes atopar aquí. Lugo é un paraíso natural cunha diversidade de ecosistemas, paisaxes e lugares difíciles de atopar noutras provincias da península. Cálzate unhas boas botas, prepara a mochila e vente de viaxe con nós por estas 5 marabillas naturais da provincia de Lugo que están agardando que as descubras.

O río Miño

Entre aguas O bosque sagrado que adoitan dicir que significaba palabra latina “lucus” da que é doado derivar Lugo, non se entende sen o río Miño, nin tampouco Galicia. Venerado desde sempre como “o pai Miño”, cruza a provincia de norte a sur deixando ao seu paso xeografías e lugares únicos: desde o seu nacemento, no espectacular pedregal de Irima, ou alí onde se fai forte, na lagoa de Fonmiñá, pasando polas Insuas de Rábade, ata abandonar a provincia sen antes confluír co Sil na Ribeira Sacra, futuro Patrimonio da Humanidade se entre todos o queremos. A cidade de Lugo está estreitamente vinculada ao río e constitúe unha peza indispensable na vida cidadá, como lugar de lecer, de paseo e de deporte, ademais de constituír un grande valor natural e ecolóxico para a vila.

A Reserva da Biosfera Terras do Miño

terras do miño Moi poucas cidades da península poden presumir de estar localizadas en pleno corazón dunha reserva da biosfera. En 2002, a UNESCO tivo a ben conceder a Reserva da Biosfera Terras do Miño, a primeira en ser recoñecida en toda Galicia e a segunda máis extensa de España, ocupando o 39 % do territorio da provincia e 26 concellos: Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e Láncara. Unha grande parte da Reserva está incluída dentro da Rede Natura 2000, con dous Lugares de Interese Comunitario (LIC): o LIC Parga-Ladra-Támoga, constituído fundamentalmente polos denominados paisaxes da auga: e o LIC do Xistral, con predominio de formacións das turbeiras de cobertor, indispensables para reconstruír o clima da península nos últimos séculos.

A Devesa da Rogueira

Devesa Rogueira As devesas son bosques de tipo atlántico orientados ao norte. Actualmente, na serra de O Courel quedan poucas e as que hai, están sempre en ladeiras moi empinadas e son moi húmidas. A Devesa da Rogueira é a xoia ecolóxica da serra e practicamente única en toda Galicia. As súas 200 hectáreas atesouran 1000 especies botánicas diferentes: teixos milenarios con fungos de brións, acivros, aranos, arces, avelaneiras, bidueiros, freixos, soutos de castiñeiros, albedros e plantas carnívoras. A fauna non desmerece a flora. Os pequenos ríos que baixan formando fervenzas acollen especies endémicas no norte peninsular como o tritón ibérico ou a ra patilonga. A devesa protexe corzos, martas, donicelas, touróns, garduñas, gatos monteses e leiróns.

A praia de Augas Santas (As Catedrais)

Praia de Augas Santas / As Catedrais Pero a provincia de Lugo é moito máis que montaña, ríos e bosques. De entre milleiros e milleiros de praias que hai no mundo, dos areais paradisíaticos do Caribe, das zonas máis turísticas e dos lugares onde perderse para non volver, sempre hai unha praia que repite en todos os rankings mundiais: esa é a de Augas Santas, coñecida turisticamente como Praia das Catedrais. Sen ir máis lonxe, neste 2014 a praia de Augas Santas (As Catedrais) ocupa o lugar número 14 de todo o mundo e 4º de Europa no certame anual que o portal Trip Advisor celebra tomando como base as opinións que millóns de turistas deixan ao seu paso. A peculiaridade desta praia reside na súa forma. Á beira do Cantábrico, batendo milenios coa súa forza incesante nas rochas da costa, quixo o destino que se formasen cantís en forma de arcobotantes de 30 metros de alturas. Esta peculiaridade deulle o sobrenome turístico polo que é coñecida, a Praia das Catedrais, e acabou por convertela en todo un símbolo de Galicia que deu a volta ao mundo.

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses

Mar de nubes camiño de Ancares, Lugo Desde Os Ancares ata os Picos de Europa estenderase a Gran Reserva da Biosfera da Cordilleira Cantábrica, formada coa suma das diferentes unidades xa declaradas e as que se engadan no futuro. Os Ancares lugueses son o seu límite occidental, plurais como a súa diversidade; máxicos por natureza. As poboacións humanas que se souberon afincar neste difícil territorio tamén o modelaron e conservaron o legado do seu patrimonio. Aínda se abren ao visitante as portas dalgunhas pallozas. Encerrado baixo o seu teito de palla que lles dá nome, estas peculiares vivendas permiten chegar a nós todo un xeito de vida ancestral. A montaña agroma en tonalidades infinitas de verde en toda a ampla escala de altitudes. Sorprenden os Ancares non por grandes alturas, senón polos fortes desniveis. Desde o encaixamento dos vales afundidos por baixo dos 300 metros ata os picos de case os 2.000 en poucos quilómetros. Os ríos da vertente galega son Navia, Rao e Ser; os altos, entre outros, Mustallar e os Tres Bispos.

Tamén che pode interesar...

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA
5 motivos polos que namorar de Lugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *