campus
Andas aínda dándoche voltas en que Universidade matricularte ou que carreira escoller? Lugo ten campus e ben o sabes… A nós ocórrensenos moitas razóns polas que estudar no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. A principal é que nós queremos coñecerte porque sabemos que tes moito que ofrecernos. Pero se non che abonda con ela, aquí tes outras 5 razóns.

1 Pola súa oferta formativa

Gustas das letras ou prefires os números? O teu é a cultura ou es máis da agricultura? Sempre quixeches estar rodeado de nenos ou en cambio es do que, cando aproveitas, tiras ao monte? Non o penses máis: o que buscas é o Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. O de Lugo é un campus pensado pensado para que teñas unha das ofertas máis plurais de Galicia. Podes optar por estudar na rama de Enxeñaría e Arquitectura, de Humanidades, de Ciencias Sociais, de Ciencias e por suposto da rama de Ciencias da Saúde. 7 centros, 15 títulos de grao, 11 másteres e diversos programas de doutoramento consolídano como o cuarto campus universitario dos sete existentes en Galicia e o primeiro dos non principais (Santiago, A Coruña e Vigo).

2 Polos seus 6 graos únicos en todo o Sistema Universitario Galego

Se buscas a especialización e formarte en campos de estudo singulares, o Campus de Lugo da USC ofréceche ata 6 graos universitarios que só poderás atopar aquí en todo o Sistema Universitario Galego:

3 Pola posición privilexiada do Campus de Lugo da USC nos ránkings internacionais

As estatísticas de titulacións e estudantes coloca o campus de Lugo nunha posición vantaxosa na súa contorna máis próxima, pero a análise doutros indicadores de máis impacto, como o son os niveis de produción científica, a excelencia académica e de investigación ou mesmo a prestación de servizos, elevan a USC, en xeral, e o campus de Lugo, en particular, aos primeiros lugares de ránkings nacionais e internacionais. A Facultade de Veterinaria é un centro de referencia en Europa, como tamén Lugo é referente no eido das enxeñarías agrícolas, agroalimentarias e forestais. Ademais, a Universidade de Santiago de Compostela é unha das dezaoito universidades españolas máis importantes do mundo, segundo o QS World University Ranking.

4 Pola calidade de vida de Lugo

Lugo é unha cidade única. Cunha muralla Patrimonio da Humanidade e situada na segunda Reserva da Biosfera por extensión de toda a península, temos unha magnífica calidade de vida onde o máis importante son as persoas. Pero se iso non é todo, talvez descoñezas dous datos: sabías que Lugo é a capital de provincia co aluguer máis barato? Ou que é a cidade máis barata para viaxar?

5 Polo programa de bolsas da Deputación de Lugo

Por último, a Deputación de Lugo dáche unha razón difícil de resistir: aforrarás o 50% do prezo da matrícula nos seguintes graos: E se tes bo expediente, a túa matrícula pode saírte gratis! Lugo está agardándote. Aceptas o reto? E lembra #paraestudarlugo!
0

Tamén che pode interesar...

campus
Todo o Campus de Lugo neste mapa interactivo
agroalimentaria-2
5 motivos polos que estudares o Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Todo o que tes que saber sobre a preinscrición de setembro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *