campus
O campus de Lugo é un espazo con personalidade propia que presenta na cidade da muralla romana unha oferta académica en catro áreas do coñecemento diferentes (Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, e Enxeñaría e Arquitectura). Son un total de 15 títulos de grao que se agrupan en oito centros asentados na cidade. A atención ás necesidades da comunidade universitaria complétase con instalacións e servizos específicos no ámbito deportivo ou cultural, así como con iniciativas propias que ofrezan un abano de posibilidades coas que os membros da comunidade universitaria complementan a formación regrada recibida nos graos. As posibilidades formativas deste campus abranguen igualmente as distintas posibilidades de formación especializada que se concretan en posgraos e másteres a través dos que poderás definir, aínda máis, as túas expectativas profesionais cara á túa inserción no mercado laboral. O dos másteres é tamén o camiño cara ao doutoramento e a investigación, capítulo no que a Campus lugués posúe unha traxectoria de grande incidencia en ámbitos temáticos.

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *