O Campus Terra en 3 minutos

Coñécenos en 3 minutos

Estás a pouco máis de 3 minutos de cambiar o teu destino: o tempo que dura o seguinte vídeo e namores do que che ofrece Lugo e o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.

Blog

Coñece o noso Campus, a nosa cidade e todo o relacionado
co programa de bolsas dun xeito diferente

Lugo teno todo

Aínda non coñeces Lugo? Cando esteas aquí, seguro que non quererás marchar

pulpo

Calidade de vida

En Lugo temos unha magnífica calidade de vida onde o máis importante son as persoas. Seguro que oíches falar do famoso ambiente de tapeo que temos na zona histórica, o ben que se come por aquí e, sen dúbida, saberás que é unha das cidades máis baratas e máis cómodas para vivir de toda a xeografía española. Tamén tes una ampla oferta de pisos en aluguer que son amplos, de recente construción, ao lado do Campus e a un prezo accesible (100-150 €/mes por persoa nun piso compartido de 3-4 habitacións) e ademais no Campus atoparás unha moderna e ampla biblioteca intercentros na que sempre atoparás un sitio.

Ler máis

patrimonio

Patrimonio

Lugo é historia viva da humanidade, moito máis que murallas milenarias e grandes espazos urbanos. En cada un dos seus concellos poderás atopar un relato do noso pasado, sexa do Paleolítico na primeira mostra de arte rupestre do noroeste peninsular, a Cova de Eirós, sexa regresar a época dos castros en Viladonga, ou rememorar a morte do Mariscal Pardo de Cela e con ela, a fin da Idade Media galega, na ponte do Pasatempo en Mondoñedo.
Lugo alberga a catedral máis antiga do sur de Europa, San Martiño de Mondoñedo, ou a única igrexa construída en mármore de España, O Hospital, pezas únicas do nos patrimonio que resistiron ao paso do tempo.

Ler máis

naturaleza

Natureza

Lugo en si é unha marabilla natural, a combinación perfecta co mellor do mar e da montaña: desde unha das mellores praias do mundo, Augas Santas, a lugares únicos como a Ribeira Sacra. Conta coa primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia e a segunda en España en extensión, Terras do Miño, e tamén coa Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e parte da do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
Pero non só: tamén atoparás a tiro de pedra da capital recunchos inigualables como a Serra do Xistral, a Ría de Ribadeo, a Devesa da Rogueira, o nacemento do Miño no Pedregal de Irimia… Natureza en estado puro que está agardando que a descubras.

Ler máis

O Campus Terra no teu peto

Seres o primeiro en enterarte de todo nunca foi tan doado. Únete á nosa canle de Telegram e recibirás todas as novidades do Campus Terra no teu smartphone.

Únete a noso Telegram